HomePontevedraO concello de Soutomaior presenta o seu programa de actividades de Entroido

O concello de Soutomaior presenta o seu programa de actividades de Entroido

- Anuncio -spot_img
  • Ábrese o prazo para inscribirse no desfile de comparsas e nos concursos e obradoiros municipais
  • O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, e a edil de Xuventude, Noelia Ocampo, presentaron esta mañá a programación de actividades municipais para o entroido. Un programa que este ano se amplía coa organización dunha gran festa con animación infantil e unha xornada de pasacalles por todos os barrios do municipio.
  • Así, o entroido 2023 dará comezo en Soutomaior o sábado 18 cunha celebración infantil cun gran número de xogos para todas as idades, talleres de máscaras tradicionais e de tatuaxes de purpurina ademais da animación musical de MocMoc e o seu espectáculo PequeDisco 2. Un show cheo de música e xogos malabares.
  • O luns 20 de febreiro o espectáculo de animación “Anxos e Demos”, a cargo de AnimaOcio Miúdos e BatuCade, percorrerá todos os barrios do municipio para levar a celebración a todos os veciños. O pasacalles comezará no Campo de San Benito de Romariz ás 16 horas e finalizará na alameda de Tallo Río ao redor das 19:30 horas.
  • O tradicional desfile de comparsas terá lugar o domingo 26 de febreiro. Dará comezo na rúa Calvario ás 17:00 horas e finalizará na Alameda Tallo Río, onde a partir das 19 horas o Grupo Ritmo ofrecerá unha actuación musical. O prazo para inscribirse no desfile de comparsas xa está aberto e finalizará o venres 17 de febreiro.
  • Durante a presentación, Reguera animou a todos os veciños a participar nas actividades de entroido. “É un entroido para todos, co que queremos encher as rúas de cor e diversión e no que todas as actividades propostas son gratuítas para que todos os veciños e veciñas poidan gozar destas datas”, concluíu o alcalde.

Publicacións Relacionadas