HomeVigoBaionaA Concellería de Deportes do Concello de Baiona organiza unha xornada lúdica...

A Concellería de Deportes do Concello de Baiona organiza unha xornada lúdica de xadrez o 25 de febreiro

- Anuncio -spot_img

A Concellería de Deportes de Concello de Baiona organiza unha actividade gratuíta de promoción e divulgación gratuíta de Xadrez. Trátase dunha xornada lúdica que terá lugar o sábado 25 de febreiro no Pavillón Municipal de Deportes dende ás 17:00h ata as 19:00h.

Todas aquelas persoas interesadas en participar na actividade deberán entregar o boletín oficial de incrición no Pavillón Municipal de Deportes de Baiona ou chamar ao teléfono 986 35 65 68 para formular a mesma. Do mesmo xeito, tamén pode facerse vía email a través de deportes@baiona.gal

A data límite de incrición é o 22 de febreiro.

O boletín oficial de inscrición está disponible na páxina web do Concello de Baiona: https://www.baiona.gal/deportes/a-concelleria-de-deportes-do-concello-de-baiona-organiza-unha-xornada-ludica-de-xadrez-o-25-de-febreiro/

A Concellería de Deportes do Concello de Baiona aposta por promover esta actividade de lecer, que é interxeneracional e universalmente coñecida. Así mesmo, desde o deporte base, fomentando o local e cercano, búscase coñecer novas persoas, interactuar e intercambiar ideas ou opinións. Será unha xornada non cometitiva de xadez, tanto con partidas ao xogo clásico, coma con xogos alternativos coas pezas e taboleiros de xadrez (pasapezas, comepezas, xaquegana e maisún). Tamén farase unha breve introducción a aquelas variantes do xogo que non sexan coñecidas polas persoas participantes.

Publicacións Relacionadas