Home A Coruña Carballo, final da ruta pola provincia dos participantes no Seminario Galaico-Brasileiro “Pontes...

Carballo, final da ruta pola provincia dos participantes no Seminario Galaico-Brasileiro “Pontes que unen patrimonios”

- Anuncio -

A coordinadora do Grupo de Estudos Territoriais da UDC, a carballesa María Andrade, e persoal do concello guiarán unha visita turístico-urbanística na que tamén participarán os concelleiros Xosé Regueira e Milagros Lantes

A Universidade da Coruña acolle o I Seminario Galaico-Brasileiro “Pontes que unen patrimonios”, un encontro entre a CEUB de Brasilia e a UDC centrado no estudo do territorio. Ao longo desta intensa semana, os/as participantes completaron as sesións formativas que se celebran polas mañás na Facultade de Socioloxía con rutas urbanísticas polas cidades da Coruña, Ferrol e Santiago. Hoxe realizarán a última, e o seu destino será Carballo.

O noso concello convértese, tal como explica a coordinadora do Grupo de Estudos Territoriais da UDC, María Andrade, nun exemplo “no que o caos e o feísmo urbanístico se reconverteron, especialmente nos últimos dez ou quince anos, nunha vila máis humana” grazas a un proceso de transformación que permitiu “converter as medianeiras en lenzos, poñer en valor o río ou implantar unha mobilidade slow”, pero que ademais, explica a socióloga carballesa, ten “proxección de futuro”.

A organización do I Seminario Galaico-Brasileiro “Pontes que unen patrimonios” recaeu en Manuel Docampo, que será un dos representantes da UDC que participarán na visita a Carballo xunto con Plácido Lizancos, decano de Arquitectura, e Cristina García Fontán, coordinadora en Paisaxe. Unha vintena de persoas, entre elas alumnos e alumnas das dúas universidades, poderán descubrir un espazo urbano absolutamente descoñecido para eles/as no percorrido que guiarán a propia María Andrade e os traballadores municipais Maite Parga, técnica de Turismo, e Xaime Díaz, autor, ademais, da Guía ilustrada de arquitectura de Carballo. Na ruta participarán tamén o concelleiro de Promoción Económica e Turismo, Xosé Regueira, e a concelleira de Planificación Urbana, Milagros Lantes.

Relacionadas

O Concello de Neda rendeu tributo a todas as nais do municipio, agasallando a...

0
Unha Casa da cultura ateigada acollía onte venres á noitiña a primeira edición do Festival Día da Nai, unha emotiva homenaxe a todas as...

O público da Pobra asiste á estrea de María Fernández Sandoica como escritora

0
Un poemario dividido en tres partes que explora a temática amorosa dende Romper(nos), pasando por Reconstruir(nos) ata Amar(nos). María Fernández Sandoica expresa en Todo...

“En Carballo o teu can é un máis”, nova campaña para fomentar a convivencia,...

0
• A Policía Local realizará ao longo deste mes un labor de información entre as persoas propietarias de mascotas • Nos once anos que leva...

O BNG preguntará no Parlamento polos permisos das obras da igrexa de Dexo

0
A oleirense Iria Taibo preguntará se as obras da igrexa románica contan cos permisos preceptivos e cal é o motivo da súa suspensión Nos pasados...

O Concello de Brión toma medidas para garantir a seguridade na Carballeira de Santa...

0
Tras a caída de parte dun carballo afectado pola enfermidade Armillaria Mellea, o Concello pechará temporalmente a carballeira, fará unha poda de seguridade e...

O espectáculo “A Maxia de Europa”, de EUROPE DIRECT A Coruña, chegará á...

0
A función, con entrada gratuíta, será na Casa da Cultura ás 18:00 h. A Laracha acolle o venres da próxima semana, día 10 de maio,...

Publicacións Relacionadas