HomePontevedraCaldasO BNG presenta publicamente a Manuel Fariña como o alcalde que Caldas...

O BNG presenta publicamente a Manuel Fariña como o alcalde que Caldas necesita

- Anuncio -spot_img

O acto, que terá lugar o sábado 11 ás 20 h. no auditorio de Caldas contará coa participación da deputada do BNG, Montse Prado

Arroupado pola deputada do BNG no Parlamento galego e responsábel da área de sanidade, Montse Prado, o BNG presentará nun acto público ao actual concelleiro e candidato á alcaldía de Caldas, Manuel Fariña, este sábado 11 de febreiro ás 20 h. no auditorio.

“Queremos facer participes do noso proxecto transformador aos veciños e veciñas de Caldas”, explicou o candidato á alcaldía, Manuel Fariña. “Porque o Caldas do futuro temos que construilo entre todas e todas, apostando por un proxecto claro de transformación que rache coas inercias e ineficacias do pasado e sente as bases dun concello próspero, dinámico, democrático e orgulloso do que é”.

“Este sábado é un primeiro paso nese camiño cara a modernización de Caldas. No acto público de presentación da candidatura avanzaremos as liñas básicas sobre as que pivotará a nosa acción de goberno, se así o deciden os nosos veciños e veciñas”, afirmou o candidato nacionalista, para quen é urxente “petar forte” para buscar solucións aos problemas que padecen día a día os nosos veciños e veciñas: saneamento, seguridade viaria, dinamización socio-cultural….

E tamén é urxente facerlle fronte á política de desmantelamento da nosa sanidade pública que están levando a cabo o goberno do PP na Xunta. “Co BNG o goberno da Xunta terá sempre a máxima colaboración para solucionar os graves problemas da nosa sanidade, pero sempre nos terán en fronte se pretenden seguir deteriorandoa até límites insoportábeis, como até agora. As veciñas e os veciños precisan ser atendidos con dilixencia e eficacia no servizo público de saúde, todo o contrario do que está a acontecer a día de hoxe, e é hora de poñerlle remedio”, afirmou Manuel Fariña.

Publicacións Relacionadas