HomePontevedraO CondadoSalvaterra de Miño viaxa a Manzaneda

Salvaterra de Miño viaxa a Manzaneda

- Anuncio -spot_img

Unha vez retomadas as actividades habituais en materia de ocio logo da Pandemia que tanto nos incomodou, e despois de ver o éxito que tiveron as excursións tanto de Semana Santa co Camiño de Santiago, coma as de verán ao Parque Warner de Madrid e ao Parque Acuático de Vila Real(Portugal), o Concello xa está a preparar unha nova aventura en Manzaneda.

Este ano o inverno demorouse máis da conta, pero chegou con moito frío creando un escenario inmellorable para visitar a neve; por iso dende O Concello queremos convidar a todos os veciños e veciñas, así coma quen queira acompañarnos o próximo 4 de marzo a pasar un día diferente e divertido en Manzaneda.

A saída terá lugar na Praza do Concello ás 08:00 horas do sábado e a volta será ao mesmo punto sobre as 20:00 horas.

Cada persoa inscrita* levará a súa comida, tendo a posibilidade para quen queira de mercar alí.

O custe da actividade é de 28€/persoa ata 11 anos inclusive e de 34€ a partires dos 12 anos (os menores de 2 anos irán de balde).

Cómpre dicir que os menores de 16 anos deberán ir acompañados dun adulto, mentres que os de 16 e ata a mayoría de idade poderán ir cunha autorización paterna/materna ou titor legal.

ANÓTATE!!! NON TE QUEDES SEN A TÚA PRAZA!!!!

*Inscricións ata o 25 de febreiro no 661 046 592(vía whatsapp) ou en deportes@concellodesalvaterra.org indicando nome completo, teléfono, idade no caso de menores e Concello de procedencia.

Publicacións Relacionadas