O alcalde recibiu o Club Sincro Ourense, que organiza o evento xunto á Federación Galega
A piscina municipal Rosario Dueñas acollerá este sábado, día 11 de febreiro, a II Xornada Copa Promoción Natación Artística. O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, recibiu esta mañá ao Club Natación Sincro Ourense, que organiza o evento xunto coa Federación Galega de Natación. Esta xornada conta coa colaboración do Concello de Ourense e o Consello Municipal de Deportes, xunto á Deputación e a Xunta de Galicia.
Xuntaranse en Ourense un total de 109 nadadoras de 8 clubs da nosa comunidade: C. Náutico de Vigo, C. Galaico Sincro, C.N. Rías Baixas, C. Sincro Ferrol, C.N. Sincro Pontevedra, Sporting Casino, Aquamarina Sincro e as anfitrioas do C. Sincro Ourense.
As competicións celebraranse en horario de mañá e de tarde.



