O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, saudou os preto de 200 alumnos/as dos catro centros educativos que participaron nesta cita
Preto de 200 escolares de catro centros educativos da cidade participaron esta mañá, na Praza Maior, na primeira cita do Entroido en Ourense, o Xoves de Compadres. Até aí se achegou o propio alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, quen animou o alumnado congregado a gozar da festa e a pasalo ben, así como a participar nos desfiles que se celebrarán nas vindeiras datas.
O alumnado, de Educación Primaria dos CEIP Irmáns Villar, Manuel Sueiro, Mestre Vide e As Mercedes, lucía os mecos elaborados nos obradoiros organizados pola Concellería de Educación coa axuda de monitores, que levaron todo o material necesario para a súa realización. Este programa de confección de mecos continuará até o vindeiro xoves, 16 de febreiro, Xoves de Comadres, cando se iniciará o groso da programación municipal para o Entroido 2023.
Ademais das actividades na Praza Maior, os escolares participarán en desfiles o venres, 17 de febreiro, ás 11:00, 12:00 e 12:30 horas con saída desde diferentes centros educativos da cidade.
Desfile principal: zona centro
Horario: de 11.30 h a 13.00 h
Percorrido: Praza Maior-Rúa Valentín Lamas Carvajal- Rúa do Paseo- Rúa Parque San Lázaro-Rúa de Sto. Domingo- Praza do Ferro-Rúa da Paz- Praza Maior.
Participantes: 1.300 alumnos e alumnas do CEIP As Mercedes, CEE O Pino, CPR Divina Pastora, CPR Luis Vives, CPR Mª Auxiliadora, CPR Concepción Arenal, CPR San Xosé e CPR Maristas
Desfile dos centros da zona das Lagoas
Horario: de 12.00 h a 13.30 h
Percorrido: Praza Mestre Vide -rúa Sáenz Díez-, rúa Florentino López Cuevillas – Avda. Habana-, volta arredor da Subdelegación do Goberno- rúa Curros Enríquez – Praza Mestre Vide
Participantes: 800 alumnos e alumnas de: CEIP Mestre Vide, CEIP Manuel Sueiro e CEIP Curros Enríquez
Desfile do CEIP A Ponte
Horario: De 12.30 h a 13.30 h
Percorrido: Saída do centro de ensino- Rúa Xesús Pousa-Rúa Eloxio G. Franqueira- Rúa San Paio-Rúa San Rosendo- regreso ao centro San Rosendo para volver ao centro de ensino.
Participantes: 358 alumnos e alumnas do propio centro
Desfile do CEIP Virxe de Covadonga
Horario: De 10.30 h a 13.30 h
Percorrido: Saída do centro de ensino (rúa Cibeles) – Recollida do resto de alumnos e alumnas no CEIP As Eiroás (rúa Os Chaos) – parque de Sta Teresita – regreso aos centros de ensino.
Participantes: 250 alumnos e alumnas do CEIP Virxe de Covadonga e das Eiroás
Desfile do CPR Divino Maestre
Horario: De 12.15 h a 13.45 h
Percorrido:centro de ensino- rúa Río Mao (tramo entre as rúas Río Xares e Río Cobas)
Participantes: 340 alumnos e alumnas do propio centro
Toda a información sobre o entroido, en Ourense.gal



