HomeOurenseO CarballiñoO Grupo Municipal Socialista de O Irixo insta ó alcalde e o...

O Grupo Municipal Socialista de O Irixo insta ó alcalde e o goberno municipal a que empece a traballar no Irixo para previr o lume no verán

- Anuncio -spot_img

Lamentan os socialistas que se pase o inverno de festa en festa e un ano mais se esquezan totalmente de que os lumes se apagan no inverno, non tendo adoptada unha sola medida dende o pasado verán, no que o lume case devora varios pobos do Irixo.

Son xa varias veces nestes anos, nas que os socialistas levamos os plenos mocións relativas a adoptar medidas preventivas e de protección fronte o lume, aportando ideas sen que o alcalde e o seu grupo de goberno nada fixera mais que viaxar e andar de festa.

O Portavoz do Grupo Municipal Socialista do Concello de O Irixo, Iago Fariñas Valiña, presentou novamente unha MOCIÓN INSTANDO Ó CONCELLO A QUE SE EMPECEN A ADOPTAR MEDIDAS PREVENTIVAS E DE PROTECCIÓN FRENTE O LUME AHORA NO INVERNO PARA QUE NON ARDA NO VERÁN, e que non se este de festas e viaxes a espera do verán e do lume…

Consideramos imperativo, que visto o sucedido o pasado verán, onde case arden varios pobos mentres as brigadas de incendios non sabían onde poder cargar auga ou cómo chegar polo monte aos pobos, é imprescindible e necesario a xeolocalización dos tanques de incendios para que as brigadas cun xps teñan coñecemento e fácil acceso os puntos de auga así como a tódolos camiños forestais dos montes do Irixo.

Os socialistas plantexan entre outras moitas propostas;

1º.- Acometer a xeolocalización dos tanques de incendios para que as brigadas cun xps teñan coñecemento e fácil acceso os puntos de auga así como a tódolos camiños forestais dos montes do Irixo.

2º.- Empezar xa a limpar e manter limpo os camiños forestais e os perímetros de seguridade en tódolos pobos do concello.

3º.- Iniciar os trámites para ter operativas xa as brigadas de prevención e extinción de incendios e que empecen a manter limpos os camiños forestais e os perímetros de seguridade en tódolos pobos do concello.

4º.- Instalar en cada pobo bocas de incendios conectadas ós depósitos de auga, dotando os veciños e veciñas dos pobos de mangueiras ó efecto para que poidan usalas en caso de necesidade.

5º. Construir máis tanques de incendios e limpar e recuperar os tanques e pantanos de regadío xa existentes en tódalas parroquias para a extinción de incendios, como o pantano do ferrocarril no monte de San Cosme totalmente abandoado e xa reclamado nos últimos anos.

Publicacións Relacionadas