Home Ourense A Limia Susana Vázquez: “O Partido Popular é o partido das políticas as familias”

Susana Vázquez: “O Partido Popular é o partido das políticas as familias”

- Anuncio -

· A alcaldesa de Porqueira participou esta mañá en Teruel no encontro “La España de los pueblos y la Europa Rural”, na que os populares situaron a loita contra a despoboación como un eixo chave das súas políticas fronte “ao abandono e intransixencia de Pedro Sánchez”

· Susana Vázquez reivindicou as políticas sociais implementadas na Xunta de Galicia por Alberto Núñez Feijóo e Alfonso Rueda, “políticas de apoio aos nosos maiores, aos nosos nenos e de conciliación que serán as que realizará Feijóo en La Moncloa para toda España”

· Na súa intervención a rexedora de Porqueira puxo en valor iniciativas activadas desde 2009 pola Xunta de Galicia como as casas niño ou as casas do maior, ademais das políticas sociais da Deputación de Ourense en áreas como o termalismo social ou a teleasistencia

A alcaldesa de Porqueira, Susana Vázquez, participou esta mañá en Teruel na Convención Sectorial do Partido Popular “La España de los Pueblos y la Europa Rural”, na que os populares situaron a loita contra a despoboación como un eixo chave das súas políticas fronte “ao abandono e intransixencia de Pedro Sánchez”, segundo remarcou na inauguración o vicesecretario xeral Institucional do Partido Popular, Esteban González Pons.

Na súa intervención, a alcaldesa de Porqueira reivindicou as “políticas para as familias”, desenvolvidas dun xeito referencial, destacou, durante os 13 anos de presidencia de Alberto Núñez Feijóo na Xunta de Galicia e continuadas por Alfonso Rueda, ademais de poñer en valor o traballo neste eido da Deputación de Ourense.

“Son unha gran defensora do medio rural: nacín no rural, crecín no rural, os meus fillos crecen no rural e eu vexo o rural coma unha oportunidade e un medio de vida que temos que defender”, sinalou Susana Vázquez, ademais de definirse como “unha gran privilexiada por poder contar co goberno na Xunta de Galicia de Alberto Núñez Feijóo e, agora, Alfonso Rueda”. A rexedora lembrou proxectos realizados no seu concello co apoio do goberno autonómico do Partido Popular como a residencia de maiores, “coa que ademais de coidar aos nosos maiores xeramos emprego e riqueza”.

“As políticas de apoio aos nosos maiores, aos nenos e a conciliación deseñadas en Galicia por Alberto Núñez Feijóo serán as que realice en La Moncloa para toda España”, avanzou Susana Vázquez antes de definir ao Partido Popular como “o partido das políticas para as familias”, destacando outras iniciativas implementadas dende 2009 pola Xunta de Galicia como as casas niño, as casas do maior, as políticas de conciliación ou de vivenda. Nesta mesma liña, Susana Vázquez tamén ponderou a importancia das políticas sociais executadas pola Deputación de Ourense, como a teleasistencia ou o programa de termalismo social.

Relacionadas

O Concello adxudica as obras de acondicionamento e mellora de espazos urbanos na rúa...

0
Aproba tamén as bases da convocatoria de subvencións para actuacións de rehabilitación A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense acordou este mediodía en...

O Concello fai pública a programación de Nadal, cunha morea de actividades para todos...

0
Papá Noel visitará a cidade cos seus renos e elfos o día 21 de decembro, e os Reis Magos o día 5 na tradicional...

A Deputación avanza nunha ordenanza actualizada para adaptarse ás esixencias europeas en materia de...

0
A comisión de seguimento e control de Medio Ambiente informou favorablemente e por unanimidade do texto regulador que se debaterá no pleno do próximo...

O PP de Ourense reafirma co manifesto “Man con man, somos iguais” o seu...

0
· A Vicesecretaría de Política Social dos populares ourensáns recompila nun manifesto os compromisos para promover a inclusión, eliminar barreiras, fomentar a empatía, escoitar...

Os escolares lembran a Eduardo Blanco Amor na tradicional ofrenda floral no cemiterio de...

0
O cemiterio de San Francisco acolleu esta mañá a tradicional ofrenda floral homenaxe ao escritor ourensán Eduardo Blanco-Amor, ao carón do lugar onde repousan...

A Xunta colabora co concello de Xinzo de Limia no impulso da Praza de...

0
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, visitou a praza de abastos deste concello ourensán, beneficiario da orde de axudas do Executivo...

Publicacións Relacionadas