As rúas de Santiago de Compostela estarán ateigadas de persoas este domingo, será un auténtico clamor contra a política sanitaria que está a practicar o PP dende o Goberno da Xunta.
Fan falta solucións estructurais axiña, e non ideas improvisadas para intentar parchear a nefesta xestión feita nos últimos anos, que nos levou a unha saturación nunca vista no sistema santiario, con listas de espera de semanas para ser atendido, non xa nos especialistas como nos tiñan acostumados, senón na atención primaria, no teu médico de cabeceira, a porta de entrada do sistema sanitario.E xa abondan os relatos, estamos ante un problema estructural e non estival, como ben di o portavoz de Sanidade do Grupo Soliciasta no Parlamento de Galicia, Julio Torrado:
A situación da sanidade é moi problemática, porque se arrastran dez anos de malas decisións políticas que nos traen ata aquí. Todos sabiamos que estes anos ía haber un montón de xubilacións. A Xunta anuncia constantemente que van a vir médicos, pero a realidade é que no Albariño non os había, no Atlantic Fest tampouco e o mesmo en moitos días do verán e tamén do inverno. Xa non valen excusas. Nós o que pedimos é un plan extraordinario de contratacións con condicións dignas.
Por iso, temos que mobilizarnos todos e todas en defensa da sanidade pública o domingo, para que todos os centros de saúde teñan un médico e un pediatra, para que se cubran todas ás prazas… En definitiva para que á sanidade volva a ser a que ti precisas, a que túa familia necesita.
O buses que sairán dende os distintos concellos, irán cheos de cidadáns decididos a revertir a situación, pero aínda faltas tí, só entre todas e todos o conseguiremos, mobilízate en defensa da túa sanidade!



