Home Ourense O Carballiño A Xunta anuncia en Punxín que mañá abre o prazo para solicitar...

A Xunta anuncia en Punxín que mañá abre o prazo para solicitar as axudas de mellora dos espazos termais de uso lúdico de Galicia

- Anuncio -

— O director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila, visitou esta mañá a área termal do Bañiño, unha das beneficiarias desta liña de apoios

— A convocatoria manterase aberta ata o 3 de xullo e cubrirá un máximo de 200.000 euros por solicitude

— Preténdese fomentar a actividade termal mediante actuacións de acondicionamento das instalacións, que inclúen accesibilidade, seguridade, sinalética ou peches perimetrais entre outras iniciativas

O director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila, acompañado polo delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, visitou esta mañá en Punxín as obras de mellora da área termal do Bañiño, para informar da apertura de prazo de solicitudes da segunda edición do programa de axudas para o acondicionamento dos espazos termais de uso lúdico de Galicia. Unha convocatoria de carácter plurianual (2023 e 2024) á que se reservan un total de 1,74 millóns de euros e que se manterá aberta desde mañá ata o 3 de xullo.

Os apoios, de concorrencia non competitiva, publícanse hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) co obxectivo de fomentar a actividade termal mediante a realización de actuacións encamiñadas ao acondicionamento destas instalacións.

En concreto, estas melloras inclúen a adquisición e instalación de caudalímetros, sistemas de bombeo ou equipos de medición; colocación de sinalética; obras de acometida e canalización de augas; melloras de espazos verdes, instalacións de lecer e das condicións de accesibilidade e seguridade; así como actuacións en vestiarios, duchas e aseos.
Poden optar ás axudas as entidades locais galegas que conten co título habilitante para o aproveitamento lúdico das augas termais. A intensidade de axuda manterase no 80% pero o importe máximo increméntase ata os 200.000 euros (fronte aos 150.000 da primeira edición).
Tal e como explicou o director xeral, esta liña de apoios, impulsada desde a Vicepresidencia primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, ten como obxectivo apoiar aos concellos galegos na realización de intervencións que contribuirán a ofrecer máis e mellores servizos nas instalacións de augas termais galegas, contribuíndo a fomentar o turismo e a dinamización económica.

Un exemplo son as actuacións realizadas na área termal do Bañiño que recibiron axudas da Administración galega por importe de 112.902,61 euros. Consistiron no acondicionamento do aparcadoiro e vestiario, cartelería e sinalización; execución de aseos, oficinas, almacén e rampas de acceso; instalación de duchas; así como acometida eléctrica e de auga; mellora de zonas verdes, luminarias, mobiliario urbano, valado perimetral e piscinas, entre outras.

Relacionadas

O PP esixe que o Concello de Vilar de Barrio cumpra coa legalidade nas...

0
O Partido Popular esixe que o Concello de Vilar de Barrio cumpra coa legalidade no que atinxe ás condicións de traballo das empregadas do...

A Xunta convoca o programa aprol economía social con 5M€ para impulsar o emprego...

0
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a orde 2025 destas achegas, que apoian a incorporación de socios ou traballadores e a quen se...

A Xunta lidera unha estratexía de impulso da Reserva da Biosfera Gerês-Xurés coa que...

0
A planificación, liderada polo Executivo galego e co Instituto de Conservaçao da Natureza e Forestas de Portugal como socio, favorecerá o aspecto ambiental ao...

Luis Menor visita diversas accións e obras realizadas en Leiro a través do Plan...

0
Tal e como sinalou o presidente provincial, o Concello de Leiro recibirá máis de 700.000 euros a través do Plan de Cooperación, “que con...

O Auditorio acollerá esta fin de semana dous concertos: a Wind Rock Band do...

0
O Auditorio Municipal de Ourense acollerá esta fin de semana dous espectáculos musicais: os concertos da Wind Rock Band (que terá lugar o venres,...

O Concello convoca o concurso que premiará as mellores comparsas e carrozas do Desfile...

0
O Concello de Ourense convoca o concurso que premiará as mellores comparsas e carrozas que participen no desfile do Domingo de Entroido, que percorrerá...

Publicacións Relacionadas