O goberno local quere renovar os 24 obsoletos focos para reducir as emisións e baixar os consumos na instalación deportiva
A sustitución da iluminación de rúas e infraestruturas municipais por tecnoloxía LED é unha prioridade para o concelleiro de Servizos, Luís Arosa, que quere sumar a este proxecto as instalacións do campo de fútbol de A Bouza.
Presenta a iniciativa a unha convocatoria da Consellería de Infraestruturas que precisamente incentiva o aforro enerxético e solicita a colaboración da Xunta con 40.000 euros para sustituir os 24 focos do campo de fútbol, no que o Concello fixo hai catro anos unha importante inversión para dotalo de herba artificial que superou os 180.000 euros, quedando pendente a renovación do sistema de iluminación.
Nos últimos meses do ano 2022 o Concello investiu 4.000 euros na sustitución das luminarias públicas na rúa Sucavirto, Suaviña e rúa dos Cons, cun aforro previsto do 70% xa que o consumo pasou dos 80w a 26w.
A intención do goberno local é aplicar a tecnoloxía led no maior porcentaxe posible do alumeado público na Illa e nese contexto elaborou unha memoria que recolle luminarias e cuadros que sería necesario sustituir de cara a unha renovación integral en todo o termo municipal; documento base para a solicitude de subvención tramitada ante o Instituto por la Diversificación y Ahorro de la Energía (IDEA), por un importe de 953.925,20 euros.



