HomeTabeirósCerdedo - CotobadeCubela saca a licitación a contración das obras de mellora da estrada...

Cubela saca a licitación a contración das obras de mellora da estrada de A Coutada a Campodanta en Aguasantas por un importe base de 108.892,11 euros

- Anuncio -spot_img

• As empresas interesadas en executar esta obra terán ata o 6 de marzo para facerlle chegar ao Concello a súa oferta

O alcalde do Concello de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, decidiu sacar a licitación por procedemento aberto simplificado as obras de mellora do firme da estrada A CoutadaCampodanta e en Pé da Múa, na parroquia de Aguasantas, que se atopa nunha situación de deterioro importante, por un importe de saída de 108.892, 11 euros.

As empresas interesadas en presentar as súas ofertas para executar estas obras deberán facelo de xeito telemático a través da sede electrónica do Concello de Cerdedo-Cotobade ata o 6 de marzo ás 00:00 horas.

Jorge Cubela decidiu incluír estas obras no Plan Concellos con urxencia toda vez que non prosperou a solicitude de subvención de infraestruturas cursada polo Concello de Cerdedo-Cotobade ante o Estado Español.
Coa licitación inmediata desta obra, o alcalde pretende dar resposta de xeito urxente ao compromiso adquirido coa veciñanza de mellorar o firme, que se atopa moi deteriorado, deste vial que contribúe a vertebrar a comunicación interior desta parroquia co resto do municipio.

As obras que se pretenden acometer van orientadas cara á mellora da pavimentación de varios tramos de viais municipais, entre os lugares da Coutada, Campodanta e Pé da Moa, na parroquia de Aguasantas, dentro do concello de Cerdedo-Cotobade. Os camiños atópanse pavimentados con aglomerado, pero existen tramos concretos que están nun avanzado estado de deterioro, polo que precisan unha renovación completa da capa de rodadura.

Comezarase executando unha limpeza de marxes con apertura de cunetas ao longo dos 1.097,00 metros de actuación. Seguidamente estenderase e compactará unha capa de 5 cm de espesor de mestura bituminosa en quente tipo AC 16Surf 50/70D, en todos os tramos propostos, realizando a adecuación dos entroncamentos entre o pavimento novo e antigo, mediante o fresado da conexión nos extremos de cada tramo. A superficie total a pavimentar será de 4.902,45 m2.

ACTUACIÓN NA ZONA DE PÉ DA MÚA

Tamén aquí preténdese levar a cabo a limpeza de marxes con apertura de cunetas na lonxitude de actuación, suma dos 7 tramos a executar. A lonxitude total ascende a 717,00 m. A continuación, estenderase e compactará unha capa de 5 cm de espesor de mestura bituminosa en quente tipo AC 16Surf 50/70D, nos 7 tramos propostos, realizando, igualmente, a adecuación dos entroncamentos entre o pavimento novo e antigo. Neste caso, a superficie total a pavimentar será de 3.441,60 m2.

Segundo manifestou o alcalde, Jorge Cubela “este tipo de actuacións contribúen a vertebrar o noso territorio e mellorar a seguridade nos viais que conforman o paso habitual de vehículos para moverse, neste caso, polo interior da parroquia de Augasantas e co resto do termo municipal.

Tiñamos a idea inicial de poder acometer esta obra a través dunha liña de subvencións do Estado, pero ante a imposibilidade de contar con ela decidimos incluíla de urxencia no Plan Concellos, sacámola a contratación pública polo procedemento aberto simplificado e ímola executar no periodo de tempo máis curto posible”, indicou o rexedor.

Publicacións Relacionadas