Unha corentena de acordeonistas dirixidos por Juan Bande ofrecerán un repertorio de cancións populares e versións actuais e dos anos 80, estando acompañados en 4 temas pola coral de Petelos (Mos)
O Concello de Nigrán ofrece este domingo 19 de Febreiro ás 19:00 horas no Auditorio Municipal o concerto da ‘Banda de Acordeóns Metropolitana’ acompañada en catro temas pola coral ‘Ventos do Val’ de Petelos (Mos). A entrada é de balde ata completarse o aforo.
En total, unha corentena de acordeonistas de toda a provincia dirixidos polo profesor Juan Bande e con idades que van dos 12 aos 83 anos ofrecerán un concerto cheo de cancións populares e versións actuais e dos anos 80. A característica principal desta banda nacida no 2019 e integrada polo diferente alumnado de Bande é precisamente o seu repertorio fora do habitual.



