HomeOurenseO Concello organiza obradoiros de sensibilización sobre os efectos do alcohol e...

O Concello organiza obradoiros de sensibilización sobre os efectos do alcohol e das drogas ao volante entre escolares da cidade

- Anuncio -spot_img

Armando Ojea, tenente de alcalde do Concello de Ourense, asistiu esta mañá á Sesión formativa e obradoiro de Seguridade viaria Factores de risco na mocidade: Alcol e drogas. Organizado pola Concellería de Educación, quere concienciar a mocidade sobre os efectos do alcol e das drogas non só na condución de vehículos, senón tamén sobre os seus efectos nas condutas peonís e como condutores de bicicleta ou ciclomotor. Destinados a 600 alumnos e alumnas de 4º da ESO, Bacharelato e ciclos formativos de 11 centros de ensino da cidade.

A charla estivo impartida por técnicos da Xefatura Provincial de Tráfico de Ourense (DGT): David Llorente, xefe provincial de Tráfico, e Andrea Conde, sub xefa provincial de Tráfico. Tamén estarán Sinda Aguiar, coordinadora de Educación viaria, e o tenente Nogueiras, da Agrupación de Tráfico da Guarda Civil de Ourense.

Publicacións Relacionadas