HomePontevedraO concello de Soutomaior finaliza a mellora de aforro enerxético en seis...

O concello de Soutomaior finaliza a mellora de aforro enerxético en seis barrios do municipio

- Anuncio -spot_img
  • Substituíronse 105 farois por outras LED que permitirán reducir nun 70% o consumo eléctrico
  • O Concello de Soutomaior continúa dando pasos no seu plan de aforro enerxético coa renovación de máis de 100 puntos de luz en varios barrios do municipio. A instalación das novas luminarias permitirá un aforro de máis de 10.000 euros ao ano para as arcas municipais ademais de supoñer unha mellora ambiental ao reducir considerablemente a contaminación lumínica nos barrios do rural e evitar a xeración de case 35 toneladas de CO2 ao ano.
  • Con esta renovación o Concello de Soutomaior substituíu 105 vellas luminarias de vapor de Sodio de 100 wattios por outras de tecnoloxía LED de 30 wattios. As novas luminarias situáronse en puntos de especial afluencia na Devesa, Cortiñas, Mesachan, Fonte Xesteira, Cortevella e Toural. O cambio permitirá unha redución anual estimada de ao redor de 60 MWh e un aforro superior aos 10.000 euros anuais. Isto supón que o investimento realizado estará amortizado en menos de 10 anos, un prazo moi inferior ao tempo de vida estimado para as luminarias con esta tecnoloxía.
    A nova iluminación LED, ademais de adaptarse ás novas normativas europeas de eficiencia enerxética, aumenta considerablemente a sensación de luminosidade, que se multiplica por tres en relación coas luminarias halóxenas anteriores, mellorando así a iluminación en toda a calzada durante o horario nocturno.
  • Ademais de ser máis eficientes, as novas luminarias LED tamén descenden notablemente a contaminación lumínica, principalmente nas vivendas próximas aos farois, xa que unha das vantaxes da tecnoloxía LED é que concentra o foco de luz sobre unha zona moi definida, algo que non lograban as antigas, permitindo que, ademais do aforro enerxético, os beneficios desta actuación tamén supoñan unha mellora para a seguridade viaria de peóns e condutores garantindo unhas óptimas condicións de visibilidade.
  • “Temos máis da metade das luminarias do municipio coa tecnoloxía máis eficiente e respectuosa co medio ambiente”, explicou o alcalde, Agustín Reguera, durante a visita aos barrios coa nova iluminación. “Agora que tanto se fala da necesidade de reducir o consumo eléctrico nós podemos presumir de ter os deberes feitos”, finalizou o rexedor.

Publicacións Relacionadas