HomeVigoPazos de BorbénO concello de Pazos de Borbén celebra esta fin de semana o...

O concello de Pazos de Borbén celebra esta fin de semana o seu Festival Infantil de Entroido

- Anuncio -spot_img
  • A celebración dividirase en dúas xornadas dedicadas aos máis pequenos da casa
  • O Concello de Pazos de Borbén celebra a partir de mañá o seu tradicional festival de Entroido dirixido aos máis pequenos do municipio. A celebración contará coa participación de todos os centros educativos e recupera, tras dous anos de suspensión pola pandemia, a súa localización orixinal no pavillón municipal de deportes.
  • Os festexos de entroido comezarán mañá coa tradicional visita á Casa do Concello dos alumnos do CPI Curros Enríquez e a escola infantil da Galeriña, acompañados dos usuarios da Asociación ASPAVI. Alí, o alcalde, Andrés Iglesias, entregará a cada visitante os seus esperados doces de entroido. A celebración terminará no centro escolar cunha deliciosa cunca de chocolate acompañada dunha ración da raia ofrecida polo colexio.
  • O sábado, ás 17:00 horas, o pavillón municipal acollerá de novo o festival infantil de entroido no que nenos de todo o municipio acoden disfrazados para participar no desfile municipal e gozar dunha tarde chea de xogos, diversión e, como non, de agasallos. Non faltarán as atraccións inchables, a música e o habitual chocolate con rosca para todos os asistentes.
  • Iglesias animou a todas as familias do municipio para participar “nunha das celebracións máis esperadas por todos os nenos. Unha festa chea de cor, de música e de xogos”, concluíu o alcalde.

Publicacións Relacionadas