Home O Salnés Cambados As "Subvencións Ágora" permiten impulsar 27 proxectos de recuperación do espazo público...

As “Subvencións Ágora” permiten impulsar 27 proxectos de recuperación do espazo público no Salnés

- Anuncio -

Sanxenxo, Vilagarcía, Meis, O Grove, Meaño e Cambados, recentemente adherido á Rede de Concellos polo Espazo Público, son os concellos que solicitaron asesoramento para mellorar a súa calidade urbana

O deputado Benítez destaca que as axudas, que permiten aos concellos ter de propostas planificadas “en carteira”, alcanzan o 77% dos concellos na provincia e inxectan máis de 5,8 millóns de euros

As ‘Subvencións Ágora’, axudas do departamento de Mobilidade e Espazo Público para que os concellos redacten proxectos para recuperar espazo público para as persoas potenciando as mobilidades activas sobre as motorizadas, teñen impulsado 27 propostas de mellora urbana no Salnés en apenas dous anos e medio. Sanxenxo, Vilagarcía, Meis, O Grove, Meaño e Cambados, recentemente adherido á Rede de Concellos polo Espazo Público, son os concellos que teñen apostado polo novo modelo de mobilidade e beneficiado da inxección económica , só quedando fóra o Concello de Vilanova de Arousa.

Para o deputado de Mobilidade Uxío Benítez é fundamental que os concellos aposten pola redacción de proxectos e a planificación, xa que isto permite que teñan unha carteira de propostas listas para financiar tanto coas axudas para obras da Deputación a través do Plan Concellos, ReacPon ou outras liñas, así como con outras axudas externas, por exemplo as europeas, para cuxa consecución tamén hai asesoramento por parte da Rede Ágora. “Unha vez cos proxectos xa redactados os gobernos locais poden priorizar que obras poñen en marcha”, destacou.

Segundo Benítez, as subvencións Ágora teñen alcanzado o 77% dos concellos e inxectado máis de 5,3 millóns de euros en apenas dous anos e medio na provincia. “A recuperación do espazo público está na axenda política local da provincia”, dixo o nacionalista, quen destaca que os números amosan unha tendencia moi clara dos gobernos locais por planificar a recuperación do seu espazo público.

Na terceira e última convocatoria das subvencións, de feito, en toda a provincia solicitáronse axudas para redactar 93 proxectos por parte de 37 concellos Ágora, unha cifra que esgota o orzamento de 900.000 dispoñible polo que Benítez destacou que se ampliará a partida noutros 550.000 euros para atender todas as peticións.

Como datos globais, Benítez explicou que grazas ás axudas Ágora nos últimos dous anos estanse a impulsar 207 actuacións en 47 concellos da provincia sumando todas as convocatorias. As subvencións, así, chegaron ao 77% dos concellos da provincia, unha cifra que sube ata o 80% ao ter en conta que hai que deixar de lado a Pontevedra e Vigo por ter máis de 50.000 habitantes e non ser potenciais beneficiarios.

En canto ao tipo de proxectos subvencionados, Benítez resaltou que moitos concellos apostaron por grandes actuacións (que recibían a contía máxima da subvención) e outros por actuacións máis modestas en pequenas prazas ou contornas rurais nas que se crearon espazos de convivencia, algo que demostra, segundo dixo, “que o modelo Ágora non é só de aplicación urbana”.

Subliñou que, en todos os casos, os proxectos solicitantes cumpren cos requirimentos de supoñer un incremento mínimo do espazo peonil no ámbito de actuación dun 50 % con respecto ao existente na actualidade, e ter unha superficie mínima de 300 metros cadrados. No caso de creación ou mellora dun espazo segregado de circulación peonil e/ou ciclista (sendas) todas teñen unha superficie mínima de 100 metros lineais e un largo mínimo de 2,5 metros.

Os proxectos en carteira para O Salnés
Na Comarca do Salnés, nestes dous anos e medio, concedéronse axudas ao Concello de Sanxenxo para a redacción do proxecto do soterramento do tráfico rodado para a humanización da plataforma superior do paseo da praia de Silgar na primeira convocatoria; para redactar a humanización das rúas Barrosa, Virxe do Carme e Infantería da Mariña, en Baltar, así como a humanización do núcleo do Outeiro, en Dorrón, na segunda convocatoria. Na última, pechada en decembro de 2022 e en fase de estudo, pediuse axuda para ampliar o Outeiro en Dorrón, para humanizar o núcleo de Padriñán, Magaláns, Aios, así como para a humanización na Granxa de Abaixo e facer unha senda peonil de baixada a Area de Agra.

O Concello do Grove recibiu axuda na primeira convocatoria para redactar o proxecto de humanización da rúa Alexandre Bóveda e na segunda para a humanización das rúas Extremadura, Rioxa, Valencia e Entrehortas.

O Concello de Meis recibiu subvención na primeira convocatoria para a humanización da contorna do CPI de Mosteiro, Capela de Mosteiro e as conexións coa Praza de España; mentres que na segunda para humanizar a contorna da igrexa de San Salvador, a avenida de Médico Paz (treito entre o campo de fútbol e o futuro centro médico, e os acceso á Casa de Parga e o núcleo de Rial ; e na terceira para a creación de sendas peonís na antiga po-300 e recuperación doutros espazos públicos.

O Concello de Meaño recibiu axudas para o proxecto de acceso amable dende Ponte Dena ao bordo costeiro na primeira convocatoria. Na segunda para a senda peonil e ciclable por un tramo da rúa Ponte Dena-Abuín, e na terceira para un novo treito desta senda.

Vilagarcía de Arousa recibiu na primeira convocatoria 100.000 euros (o máximo) para as obras de humanización da rúa Arzobispo Lago. Na segunda convocatoria recibiu axuda para o proxecto de humanización da avenida da Mariña na contorna da Praza da Peixerí, para a humanización e mellora da accesibilidade na rúa Conde Vallecano, e para a recuperación da fachada marítima. Na última convocatoria concedeuse axuda para a humanización da rúa Bouza de Abaixo en Vilaxoán, para a peonalización e humanización da rúa Vicente Risco nun treito da Praza de España, e para a mesma actuación na rúa Esperanza.

No caso do Concello de Cambados, a axuda da última convocatoria (xa que o concello non ten subvencións anteriores porque se adheriu á Rede Ágora nos últimos meses) irá destinada ao proxecto de mellora estética e funcional de enclaves turísticos no casco histórico.

Relacionadas

A Deputación abre en xuño as portas do recinto conventual de Santa Clara para...

0
Terán lugar o venres 7 de xuño ás 18:00 horas e os días 8, 15, 16, 22 e 23 de xuño ás 11:00 horas....

A Deputación de Pontevedra mantén aberto ata o próximo luns 6 de maio as...

0
Esta liña de subvencións está dotada con 200.000 euros e permitirá que as entidades locais creen ou ben manteñan e reforcen os servizos de...

O Salinas Club de Lectura pecha unha apretada axenda de escritores ata Nadal

0
Tralo éxito da xornada inaugural, as persoas lectoras están citadas para o 21 de maio con “O mar que nos leva”, de Moncha Fuentes César...

A Deputación aconsella extremar a vixilancia das viñas ante o mildio e o black...

0
Areeiro recomenda tratar tamén ante o mildio as patacas e plantas de horta xa que as choivas estes días e a subida de temperaturas...

Máis de 12.500 pinchos vendidos durante a I Edición de Pinchoterra

0
A ruta que contaba con 26 locais participantes superou cada venres o número depinchos elaborados reforzando o seu servizo debido a demanda do público. A...

O concello de Nigrán obtén a licencia para a creación dun ‘Bosque-Escola’ no CEIP...

0
O obxectivo é licitar ambos proxectos nas vindeiras semanas para emprender as obras durante o verán. Ambos foron deseñados polo arquitecto ideólogo do 'Sistema...

Publicacións Relacionadas