- O Evento terá lugar o domingo 23 de abril de 2023
- O Concello de Arbo, organiza este evento para promocionar a gastronomía (lamprea e viño) e a LXIII Festa da Lamprea que terá lugar ós días 28, 29 e 30 de abril
- O domngo 23 de abril de 2023, volve a Marcha BTT da Lamprea ao Concello de Arbo, unha proba non competitiva, tanto para ciclistas federados como para aficcionados, de 45 km aproximadamente, que ten como obxetivo principal promocionar a gastronomía (lamprea e viño) e a LXIII Festa da Lamprea que terá lugar ós días 28, 29 e 30 de abril
- As persoas que queiran participar nesta actividade, deberán inscribirse online na páxina web da Festa da Lamprea https://festadalamprea.gal/evento/vii-marcha-btt-da-lamprea/ sendo o prazo máximo de inscripción o día 19 de abril.
- Á saida será dende o Praza do Concello ás 9:30horas, o prezo por participar ascende a 10€.- e inclue seguro, avituallamento, degustación de viño e lamprea de Arbo e agasallo recordatorio.
Os participantes contarán con seguro, avituallamento, agasallo e o rematar a proba deportiva poderán degustar a lamprea e viño das adegas de Arbo, para levar un bo sabor de boca. - Arbo está íntimamente ligado á lamprea e ao viño. Tal é a súa relevancia que, nesta localidade, o peixe e as uvas forman parte do escudo e da bandeira do municipio. Unha unión que tamén se mantivo na gastronomía coa transmisión, de pais a fillos, de receitas como lamprea en empanada, lamprea á prancha, fritida e rebozada, guisada con fideos, entre outras, informa o edil de o Concello de Arbo, e que mellor maneira de quentar motores que achegarse a esta ruta que cada ano atrae a máis participantes.



