HomePontevedraCaldasCon María Ferreirós de alcaldesa o sector forestal será unha prioridade, crearemos...

Con María Ferreirós de alcaldesa o sector forestal será unha prioridade, crearemos riqueza e emprego de forma sostible.

- Anuncio -spot_img

Galicia produce máis do 40% da madeira de toda España e o sector forestal ofrece traballo a aproximadamente 25.000 persoas na nosa comunidade. Somos unha referencia en Europa.

En Valga, onde o 58% do seu territorio é terreo forestal, non podemos seguir de costas a esta oportunidade. A nosa candidata: “O sector da madeira é un sector produtivo estratéxico e de futuro ligado á economía circular e á loita contra o cambio climático. As 2.300 Ha forestais de Valga supoñen unha oportunidade de futuro enorme en materia laboral e económica. Traballar neste senso vai ser unha prioridade nas miñas políticas poñendo en marcha políticas activas no sector”.
Traballando coas comunidades de montes e numerosos propietarios privados, promoveremos a xestión forestal sostible, potenciando a ordenación e certificación forestal, como mecanismos clave para poder xerar emprego e riqueza local. A rentabilidade económica e a sostenibilidade do monte son compatibles. A certificación forestal vai axudar ós propietarios a comercializar a madeira con maior rentabilidade.

Algunha das comunidades de montes xa están traballando por propia iniciativa. Neste senso, como administración local imos prestar toda axuda e colaboración posible a todos os propietarios e comuneiros para mellorar a produción e rentabilidade do seu monte.

A nosa candidata “Un monte ordenado produce máis madeira, xera máis riqueza ós comuneiros e propietarios, reduce os incendios, crea emprego local e pon en valor o noso rural. Ademais é un elemento clave transversal que permitirá tamén impulsar outras actividades relacionadas co monte, como as deportivas (senderismo, cicloturismo, etc); educativas en colaboración cos centros escolares; a produción micolóxica, de castañas, etc. As oportunidades son enormes, por eso me comprometo en crear un plan de xestión forestal conxuntamente coas comunidades de montes, propietarios, entidades de certificación e centros de investigación, ademais de aprobar unha fiscalidade incentivadora a fin de poñer o noso monte a producir e crear emprego.”

Publicacións Relacionadas