Home O Salnés O Grove O PP do Grove celebra que o Centro de Saúde vai recibir...

O PP do Grove celebra que o Centro de Saúde vai recibir un novo médico e un pediatra grazas á Lei de prazas de difícil cobertura impulsada pola Xunta

- Anuncio -

• Os populares valoran o anuncio efectuado polo conselleiro de Sanidade na súa visita ao hospital do Salnés, na que avanzou as prazas que se convocarán nesta comarca


• Pablo Leiva lamenta a postura de PSdeG e BNG, que se opuxeron á lei que vai permitir incorporar este novo persoal á sanidade do concello.

O Partido Popular do Grove celebra a decisión tomada pola Xunta de incluír unha praza de médico e un pediatra no centro de saúde deste concello, dentro do concurso de méritos que a Xunta convocará nas vindeiras semanas, tal e como anunciou o conselleiro de Sanidade.

Esta convocatoria de máis de 400 prazas, avanzada este mes polo Presidente Rueda, realizarase a través da Lei 2/2022 de medidas extraordinarias para a provisión de postos de difícil cobertura, aprobada o pasado outubro no Parlamento co voto en contra de BNG e PSdeG.

Esta lei incentiva a cobertura destas prazas ao ofrecer o maior nivel de estabilidade laboral, obtendo unha praza fixa en propiedade, cun sistema de acceso máis sinxelo e áxil: un concurso de méritos que non require exame de oposición e que se resolve nuns meses.

O candidato popular á alcaldía, Pablo Leiva, lamentou a postura de PSdeG e BNG lembrando que, se por eles fora, non se podería realizar este proceso e cubrir estas prazas. No mesmo sentido, criticou ao alcalde por encabezar protestas e reclamacións de máis persoal sanitario mentres o seu partido vota en contra das solucións.

Unha postura partidista que só se explica desde o intento de sacar rédito electoral dos problemas de déficit de médicos de familia e pediatras que existen en toda España, ata o punto de intentar boicotear medidas innovadoras da Xunta como este concurso. “No Grove teremos novo médico e novo pediatra co voto en contra do partido do alcalde”, concluíu.

Relacionadas

200 ciclistas rodarán esta fin de semana na oitava edición da “Chanllenge Rías Baixas”

0
• A proba organizada polo club Master Louriña consta de tres etapas que pasarán por Mos, Ponteareas e O Porriño os días 4 e...

O Gran Premio Concello de Mos da Challenge As Rías Baixas será puntuable para...

0
Será o vindeiro sábado 4 de maio con saída e chegada ao Pazo de Mos A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de...

O Pleno de Mos aproba o cambio a uso docente da parcela do Rebullón...

0
Así inícianse os trámites necesarios para o proxecto, licitación e construción do novo centro O Pleno do Concello de Mos aprobou hoxe por maioría o...

O mellor surf déixase ver na Praia de Patos

0
O sábado 27 celebrouse próbaa Patos Surfing Kids da liga Nacional Surfing Kids na Praia de Patos (Nigrán). A proba foi organizada pola Federación...

Identificadas 39 especies na Ruta Ornitolóxica pola beira do Miño este domingo

0
Con este exitoso percorrido comezaron as Rutas de Natureza que organiza o Concello Exitoso comezo esta fin de semana das Rutas de Natureza que promove...

Tui vive esta fin de semana festa do balonmán galego coa Final 4 cadete

0
O pavillón Gustavo Rodríguez acollerá o sábado as semifinais e o domingo as finais. O Balonmán Tui buscará na categoría masculina a praza para...

Publicacións Relacionadas