• Luis López: “Por coñecemento, por xestión, por implicación, por carisma, pola súa empatía cos seus veciños, é unha política de altura, con clara vocación municipalista e que aposta ao cen por cento por Marín”.
• A candidata afirma que “Queremos seguir traballando e sumando xente por e para conseguir que Marín continúe crecendo e siga sendo un gran referente”.
O Partido Popular de Pontevedra refrenda a proposta que lle trasladou o comité electoral de Marín e confirma a María Ramallo como candidata para revalidar a alcaldía neste concello.
O presidente Luis López sinala que “non hai unha mellor candidata para Marín que María Ramallo, e temos a sorte de encabeza a proposta do Partido Popular”. Nesta liña, recoñece que “temos nela un dos principais baluartes do PP provincial. Por coñecemento, por xestión, por implicación, por carisma, pola súa empatía cos seus veciños. É unha política de altura, con clara vocación municipalista e que aposta ao cen por cento por Marín. Ten claro a importancia da política local para transformar os concellos, e ofrece un proxecto recoñecido para seguir transformando Marín nos vindeiros anos”.
Pola súa parte, María Ramallo agradece o apoio do comité electoral do PP local, así como dos órganos provinciais do partido, e sinala que acepta “o reto ilusionada para continuar encabezando o traballo e o esforzo do PP de Marín para os próximos catro anos”.
A candidata pon en valor “o gran traballo que se fixo en momentos moi complicados. Mantivémonos unidos, e cun partido forte que nos está apoiando en todo momento por detrás”. Con respecto ao equipo, Ramallo destaca que “combinamos persoas con moita experiencia con novas incorporacións, que nos permiten ampliar máis a nosa visión e o noso campo de actuación. Queremos seguir traballando e sumando xente por e para conseguir que Marín continúe crecendo e siga sendo un gran referente”.
Por último, plantexa unha campaña “limpa, sen confrontacións, en positivo, constructiva, poñendo en valor o noso traballo e explicando proxectos de futuro, pero tamén plantexando os grandes retos que pretendemos para os vindeiros anos”. Pola súa parte, ofrece “implicación, esforzo, traballo e dedicación”.



