HomeTabeirósCerdedo - CotobadeUnha empresa constuirá a Residencia de Maiores e Centro de Día de...

Unha empresa constuirá a Residencia de Maiores e Centro de Día de Carballedo tras presentar a súa oferta á mesa de contratación, que lle dará a partir do 24 a concesión definitiva da obra e da xestión

- Anuncio -spot_img

• A materialización de todo este proxecto sociosanitario suporá un investimento total próximo aos 5 millóns de euros

O alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, verá cumprido o seu compromiso de constuír e poñer en marcha unha nova Residencia de Maiores e Centro de Día en Carballedo toda vez que a mesa de contratación do Concello acaba de comunicarlle a unha empresa que ofertou 3.679.134,55 euros que ten que aportar a partir do día 24 de febreiro os avais pertinentes e toda a documentación precisa para formalizar o contrato do obra e servizo desta infraestrutura municipal que terá un custe total por todos os conceptos próximo aos 5 millóns de euros.

Unha vez cumprimentados todos os trámites administrativos e asinado o contrato de obra e servizo a empresa terá un prazo máximo de 14 meses para erguer o edificio e poñer en marcha estas instalacións adicadas ao coidado de persoas maiores que se construirá no lugar de A Chan, en Carballedo.

Así, a nova Residencia de Maiores emprazarase en cinco parcelas que suman 10.688 metros cadrados e terá unha superficie de 3.304 metros tras un investimento duns 3,7 millóns de euros, cunha aportación do Concello de 750.000 euros de fondos propios e un prazo de execución material da obra duns 14 meses.

A materialización deste proxecto sociosanitario leva consigo tamén a redacción do proxecto técnico a urbanización da parcela e do acceso e todo o equipamento necesario para prestar en perfectas condicións o servizo de Residencia de Maiores e Centro de Día.

UNS 59 BENEFICIARIOS, 20 EMPREGOS E 25 PRAZAS NO CENTRO DE DÍA

Está previsto que esta infraestrutura dea servizo a uns 59 beneficiarios e cre aproximadamente unha vintena de postos de traballo directos. O Centro de Día acollerá a un total de 25 usuarios. O Concello de CerdedoCotobade, pola súa banda, terá que aportar uns 750.000 euros de fondos propios para facer fronte ás expropiacións e a aportación municipal a este proxecto.

O alcalde Jorge Cubela cualificou esta novidade “dunha grande noticia para o noso concello xa que poderemos dispoñer dunha Residencia de Maiores e dun Centro de Día en breve e se dá un paso moi grande nas posibilidades sociosanitarias que ofrecerá o noso municipio ás persoas maiores que o precisen. Ademais, disporemos dun Centro de Día en Carballedo que prestará un gran servizo a moitas persoas que se beneficiarán destas instalacións. Ademais, esta nova infraestrutura sociosanitaria permitirá crear emprego xa que está previsto que polo menos unha vintena de persoas teñan que ser contratadas para traballar nas diversas áreas de atención e xestión que terá tanto a Residencia como o Centro de Día”, indicou o rexedor quen tamén expresou a súa satisfación por poder cumprir co compromiso adquirido coa veciñanza de dotar dunha Residencia e un Centro de Día a Carballedo.

Publicacións Relacionadas