Home A Coruña A Asociación Cultural da Filloa de Lestedo homenaxeará este domingo as tres...

A Asociación Cultural da Filloa de Lestedo homenaxeará este domingo as tres festas da filloa máis antigas de Galicia

- Anuncio -

Entregará os Mandís de Honra da XL Festa da Filloa á Festa da Filloa de Valongo (Cerdedo-Cotobade), á Festa da Filloa de Muimenta (Cospeito) e á Festa da Filloa da Pedra (A Baña)

O chef José Manuel Mallón impartirá o venres o showcooking “Lestedo sen glute”, para elaborar filloas sen glute; e o chef Manuel Costiña protagonizará unha master class o sábado titulada “Terra e mar”

A Asociación Cultural da Filloa de Lestedo homenaxeará este domingo ás tres festas da filloa máis antigas de Galicia: a Festa da Filloa de Valongo (no municipio pontevedrés de Cerdedo-Cotobade), a Festa da Filloa de Muimenta (no municipio lucense de Cospeito) e a Festa da Filloa da Pedra (no municipio coruñés da Baña). Por iso, as entidades promotoras destas festas gastronómicas recibirán os Mandís de Honra da Festa da Filloa 2023 durante o pregón das festas, que será ofrecido este ano por Manuel Costiña, prestixioso chef cunha Estrela Michelín.

O presidente da Asociación Cultural da Filloa de Lestedo, Xosé Manuel Canabal, explica que “neste corenta aniversario da Festa da Filloa de Lestedo quixemos facer unha posta en valor deste produto tradicional do Entroido pero que se pode degustar calquera día do ano e por iso decidimos entregar os Mandís de Honra 2023 ás tres festas da filloa máis senlleiras en Galicia canda a nosa, que son a de Valongo, a de Muimenta e a da Filloa da Pedra da Baña”.

A Festa da Filloa de Valongo é a máis antiga, pois celebrará o vindeiro mes de setembro a súa edición número corenta e cinco no municipio pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. Pola súa banda, a Festa da Filloa de Muimenta celebrará o vindeiro 1 de maio a súa edición número 31 no recinto feiral Manuel Vila López de Cospeito (Lugo). Finalmente, a Festa da Filloa da Pedra da Baña vén de celebrar esta fin de semana con gran éxito a súa edición número dezanove.

Pregón e Filloa Cooking

A estas tres homenaxes sumaranse tamén o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, e o director xeral do Gabinete da Presidencia, Emilio de la Iglesia, que tamén recibirán cadanseu Mandil de Honra durante os actos previos ao pregón da XL Festa da Filloa de Lestedo, que este ano correrá a cargo de Manuel Costiña, do restaurante Retiro da Costiña (Santa Comba) e prestixioso chef cunha Estrela Michelín.

Manuel Costiña será un dos protagonistas tamén do “Filloa cooking”, dúas master class que se impartirán en Lestedo este venres 24 e sábado 25 de febreiro. O chef José Manuel Mallón será o encargado de dirixir o show cooking “Lestedo sen glute”, en colaboración coa Asociación de Celíacos de Galicia e a Asociación GDR19 Terras de Compostela. Será o venres 24 de febreiro, ás 18:00 horas, e terán preferencia persoas socias da Asociación de Celíacos de Galicia. Unha sesión que se complementará coa elaboración de racións de filloa sen glute o domingo 26 de febreiro na XL Festa da Filloa de Lestedo.

E o sábado 25 de febreiro, ás 18:30 horas, o chef Manuel Costiña protagonizará unha master class en Lestedo titulada “Terra e mar”. Ambas as dúas iniciativas do “Filloa cooking” están aberta á participación da veciñanza, se ben o número de prazas é limitado e é preciso anotarse previamente en www.festadafilloadelestedo.gal.

Relacionadas

A Xunta realiza labores de conservación e mantemento no río Grande, nos concellos de...

0
As tarefas céntranse nun treito de preto de 5 quilómetros e inclúen a roza puntual e selectiva de arbustos e a retirada de árbores...

Incendio nunha nave na parroquia de Aguiño, no Concello de Ribeira

0
Os bombeiros do parque comarcal provincial de Ribeira, en colaboración cos compañeiros do parque de Boiro, asistiron a primeira hora desta tarde, luns 6...

O colexio público de San Sadurniño celebrará o seu 50º aniversario cun xantar de...

0
O CPI de San Sadurniño celebra durante este curso 2023-24 o medio século de vida. Foi en decembro de 1973 cando se inauguraron unhas...

Belén do Campo reúnese con Teresa Villaverde e destaca os investimentos por case 1...

0
A delegada lembrou que a Xunta investirá este ano case 1 millón de euros na nova depuradora que dará servizo a 382 veciños e...

Pablo Lago pídelle á subdelegada do Goberno que a banda ancha chegue a todas...

0
Alcalde e subdelegada repasaron o mapa de cobertura do concello, que actualmente conta con 246 unidades de actuación en funcionamento o que supón o...

Carballo, sede dunha xornada do Eixo Atlántico sobre as novas liñas de financiamento das...

0
Na reunión, programada para este xoves 9 no Fórum, participarán representantes dos concellos que forman parte do organismo de cooperación transfronteiriza As ETI (Estratexias Territoriais...

Publicacións Relacionadas