A Policía Local de Ourense realizou durante esta fin de semana 3 dispositivos especiais de control específico de botellón, control de hostalaría e horarios de peche e control de alcoholemia e drogas (varios conxuntos coa Garda Civil), e dipositivos específicos, diurnos e nocturnos, pola celebración da festa do Entroido.
A Policía Local tivo tamén que levar a cabo dúas detencións: unha por condución temeraria e atentado a axentes, na rúa Salvador de Madariaga, e outra por roubo na rúa Concello.
1.- Control específico de botellón:
- 1 acta de infracción por falta de respecto a axentes na rúa Río Arnoya
- 1 acta de infracción por tenencia ilícita de estupefacientes en vía pública en Salvador de Madariaga.
- 3 actas de intervención de arma prohibida en vía pública nas rúas Salvador de Madariaga, Tendas e Ervedelo.
- 1 servizo asistencial por embriaguez en Arturo Pérez Serantes
- 1 liorta: implicadas mulleres (identificadas as partes, unha persona trasladada-leve) na Praza Maior.
2.- Control hostelería e horarios de peche:
- 1 acta de infracción de horario na rúa Lúa.
- 1 acta de infracción por uso indebido de uniforme “oficial” da Policía Local (con símbolos e escudos de Sanxenxo) na rúa Pizarro.
- Ambos dispositivos abarcaron “principalmente” diversas zonas do Centro histórico (Calpurnia Aabana, Praza do Correxidor, San Pedro, Praza de Santa Eufemia, Praza Maior, Plaza das Mercedes, etc), Pena Corneira-Cabeza de Manzaneda, Praza de San Antonio, Zona Auditorio e Zona San Francisco (Parque da Zapatilla).
3.- Controis de Alcoholemia/drogas (varios conxuntos coa Garda Civil):
- 10 positivos en alcoholemia (en vía administrativa): condutores de 24 a 54 anos en: Padre Feijoo, Curros Enríquez, Pena Trevinca, Ribeira Sacra, N-120, Rio Arnoia e Quintián (·)
- 1 positivo en alcoholemia (en vía penal): condutor de 45 anos, na rúa Santa Teresita.
- 7 probas de drogas: condutores de 29 a 49 anos en Camiño de Tragón, Guizamonde, Rio Arnoia, Xasmín, Praza das Eiroás e Rúa dos Chaos.
4.- Dispositivos nocturnos específicos do Entroido.
- Colaboración cos servicios sanitarios (ambulancias do dispositivo e 2 do 061):
- Intoxicacións: 12
- Caída en vía:1
- Corte en dedo: 1
- Problemas de saúde:4
- 12 persoas atendidas por ambulancias do dispositivo (sen traslado).
- 2 Agresións: 1 nun local (identificadas as partes) e 1 en vía pública (identificacións e ferido-corte nunha cella, trasladado).
5.- Dispositivos específicos diurnos do Entroido (Desfiles)
Desfiles de escolares, persoas adultas e Desfile do Domingo transcorreron sen incidentes a destacar.
Outros:
- 12 chamadas por ruídos en locais, vivendas e vía pública.
- 2 detidos: 1 por conducción temeraria e atentado (22 anos) en Salvador de Madariaga e outro por roubo (41 anos) na rúa Concello. Ampliamos información das dúas detencións:
Detención por presunto delito de atentado e contra a seguridade viaria
Día: 20-2-22
Hora: 5:10 horas.
Lugar: rúa Salvador de Madariaga.
Condutor (A): varón de 22 anos, veciño de Castro Caldelas.
Vehículo (A): Seat León
A Policía Local detén un condutor por condución temeraria e atentado a axentes
Unha patrulla da Policía Local, de servizo pola zona, observa como un vehículo (A) circulaba pola vía mencionada, sen luces e a grande velocidade, polo que ao tentar interceptalo, fixo caso omiso os sinais de alto e foxe, non obstante ao chegar á glorieta da mesma rúa, perdeu o control e detivo a marcha, para seguidamente dar marcha atrás e chocar co vehículo patrulla que viña detrás.
Interceptado vehículo e condutor (A), este non realizou as probas preceptivas de alcoholemia, negándose reiteradamente, até o punto de querer abandonar o lugar, agredindo os axentes, por tal motivo e polos feitos descritos procedeuse á súa detención e instrución de dilixencias xudiciais
No cacheo do vehículo incautouse un machete de 45 cm. de folla e unha bolsa que contiña unha substancia estupefaciente.
Detención por presunto delito de roubo en grao de tentativa
Día: 21-2-22
Hora: 3:25 hora.
Lugar: rúa do Concello con avenida da Habana.
Detido (A): varón de 41 anos, veciño de Ourense.
Sorprendido cando estaba forzando a porta dun bar
No lugar e horas indicados recibiuse a alerta de que unha persoa (A) estaría tratando de acceder a un bar que estaba pechado, forzando a entrada, cun obxecto metálico, polo que ao mesmo lugar dirixiuse unha patrulla policial, que, coa descrición interceptou a unha persoa (A) abandonado o lugar, pola rúa do Concello, levando encima unha muleta e a metade dunha tesoira, comprobando como efectivamente a fechadura do local fora forzada e a porta estaba aberta, sen chegar a levar nada ao ser sorprendido por unha persoa que pasaba pola zona.
Por estes feitos procedeuse á súa detención e á instrución de dilixencias xudiciais.



