• O presidente do Partido Popular de Pontevedra, Rafa Domínguez, visitou a empresa tecnolóxica Livetopic, con sede na cidade e que oferta seguros en liña, o cal lle valeu de senllos recoñecementos
• Domínguez, que recoñeceu as “virtudes innegables deste sector”, aposta pola atracción deste tipo de empresas a través de varios tipos de incentivos: fiscais, económicos, xeopolíticos e organizativos
• Este hub tecnolóxico, con capital público e privado, “permitirá xerar un ecosistema emprendedor, ademais de promover a presenza de talento”. Ademais, “participarán tanto grandes empresas como startups”
O presidente do Partido Popular de Pontevedra, Rafa Domínguez, acompañado polo concelleiro Pablo Fernández, visitou este xoves a empresa tecnolóxica Livetopic, con sede na cidade e dedicada á oferta de seguros en liña. Esta actividade valeulle ao seu fundador, Antonio Casal, diferentes recoñecementos ao seu emprendemento.
Domínguez puxo en valor das empresas deste sector, por iso, tras coñecer as instalacións de Livetopic, ha proposta a creación dun hub tecnolóxico, un espazo onde se promova a innovación e o desenvolvemento deste tipo de compañías. O popular aspira a que esta concentración de compañías termine por ser unha referencia no noroeste da península. O proxecto baséase na atracción deste tipo de empresas, para que “aposten e instálense na nosa cidade”.
Por iso, o popular propón, en primeiro lugar, a creación dun plan estratéxico entre o Concello e as empresas interesadas para ir “da man no crecemento deste proxecto” e así definir, entre outros, a localización onde se construirá un novo parque tecnolóxico, no que participará a Universidade, o Concello e outras administracións. Ademais, Domínguez ve primordial que a Universidade se implique e colabore desde un punto de vista formativo no proceso.
Desde o Concello poñerase en marcha un gran número de créditos brandos para estas empresas tecnoloxías, “créditos en condicións moi vantaxosas para que as empresas poidan mellorar a súa capacidade”. Destinaríanse 800.000 euros. Tamén propón varias bonificacións do IAE: pola utilización de enerxías renovables, pola creación de emprego, sempre que se trate de contratos indefinidos e cun mínimo de tres traballadores, polo inicio de actividade profesional e polo traslado de actividades e instalacións ao rural.
Domínguez propón tamén subvencións de ata 20.000 euros anuais para empresas ou 5.000 para autónomos para a compra de material tecnolóxico. Así o popular pretende atraer o denominado “nómade dixital”, persoas que traballan de forma remota e que escollan Pontevedra como a súa residencia habitual, podendo estar a traballar para empresas con sedes noutras cidades.
Nesta liña, Domínguez cre que o Concello debe financiar diferentes tipos de formación específica para que pontevedreses poidan desenvolver a súa actividade nestas empresas, ademais de axudar á creación de eventos específicos de carácter tecnolóxico e de poñer en marcha unha incubadora tecnolóxica municipal.
Para Domínguez, o sector tecnolóxico “ten unhas virtudes innegables”: “Falamos de empresas ecolóxicas e cunha alta produtividade. É un ámbito onde apenas existe paro e, en xeral, está moi ben remunerado”. Por iso, o popular propón, a través dunha colaboración público-privada, xerar unha contorna segura e atractiva para este tipo de empresas. “Falamos de xerar un ecosistema emprendedor, ademais de promover a colaboración e circulación de talento”, dixo.
Trátase, para o PP, dunha “aposta moi potente para atraer un grupo de empresas que achegarían un gran valor engadido á cidade e que posicionarían Pontevedra na o mapa tecnolóxico”. “Entendemos que Pontevedra é o lugar ideal para a creación dun hub tecnolóxico e debemos apostar e traballar para que as empresas que xa temos queden, pero tamén para atraer o maior número delas á nosa cidade”.



