- Están a pavimentarse varios viais cun hormigonado de alta resistencia
- O Concello de Pazos de Borbén acaba de iniciar a renovación do pavimento en varios viais do barrio de Mosteiro. Unha actuación coa que o consistorio quere incrementar a seguridade viaria para condutores e peóns ademais de garantir unha correcta canalización das augas pluviais. A mellora ten un custo total de 24.000 euros que foron financiados exclusivamente con fondos propios do consistorio.
- O alcalde, Andrés Iglesias, acompañado de varios membros do equipo de goberno local, visitou onte os traballos que se están realizando nos dous primeiros camiños e nos que se está utilizando un formigón de alta resistencia reforzado con fibras de vidro. Un material con grandes vantaxes segundo indicou o alcalde “aplícase con gran rapidez e permite mesmo o paso de camións de gran tonelaxe”.
- Do mesmo xeito, o edil visitou a renovación do pavimento do vial de acceso ao Club de Agility Thunderdogs Galicia e Cásaa Niño. Unha mellora na que tamén se inclúe a instalación de novas canalizacións na rede de evacuación de pluviais En total, a mellora inclúe a renovación de máis de 800 metros cadrados de pavimento, o realce das tapas de rexistro e máis de 40 metros lineais de novas canalizacións.
- A edil que representa ao barrio de Mosteiro no consistorio, Branca Míguez, destacou “a necesidade de ir actualizando os pequenos viarios dos barrios, especialmente nas épocas máis chuviosas, para garantir a seguridade dos veciños”, concluíu a concelleira.



