HomePontevedraA LamaA Lama recupera o Entroido cunha asistencia de público que desbordou as...

A Lama recupera o Entroido cunha asistencia de público que desbordou as previsións máis optimistas

- Anuncio -spot_img

Preto de mil persoas participaron no desfile, degustaron chocolate con churros e bailaron a ritmo de 3.COM

O Concello da Lama recuperou a celebración do entroido cunha asistencia de público que desbordou as previsións máis optimistas. Preto de 1.000 persoas déronse cita no desfile que percorreu as principais rúas do centro da vila que estiveron ateigadas de público para aplaudir e animar aos participantes que desafiaron o frío para ofrecer a cara máis divertida e colorista do entroido.

Ao remate do desfile, o Concello da Lama repartíu chocolate con churros para todo o público para que poideran repoñerse das baixas temperaturas e seguir a entrega de premios antes do baile de entroido amenizado polo conxunto 3.COM.

Os gañadores foron os seguintes:

Os premios do desfile aos que se poderán optar son os seguintes:

a) Comparsas:

1º Premio………Trofeo e diploma como Raíña do Entroido. Os Solfamidas.
2º Premio…………….……….Trofeo e diploma do 2º Posto. Os 100tolos.
3º Premio……….Trofeo e diploma acreditativo do 3º Posto. As Flores do Carnaval.

b) Grupos LOCAL:

1º Premio: La Pandilla, de Ponte Caldelas (200 euros).
2º Premio: Habelas hainas, da Lama (150 euros).
3º Premio: Nécoras Pécoras e Pulpo Mariscón, da Lama (100 euros).

GRUPOS VISITANTES

1º Premio: Moreira a Tope, de Soutomaior (200 euros).
2º Premio: A Semente de Salcedo, Pontevedra (150 euros).

c) Individuais/ Parellas

1º Premio: Encantador de serpientes (75 euros).
2º Premio: Exploradores Salvajes (50 euros).
3º Premio: Zombis (30 euros).

Publicacións Relacionadas