Home O Carballiño Boborás A Deputación colaborará co Concello de Boborás na modificación do PXOM, facilitando...

A Deputación colaborará co Concello de Boborás na modificación do PXOM, facilitando proxectos como a residencia de maiores

- Anuncio -

O presidente do goberno provincial, Manuel Baltar, mantivo un encontro de traballo coa alcaldesa de Boborás, Patricia Torres

Manuel Baltar enmarca esta nova liña de cooperación na “posición activa do goberno provincial atendendo as necesidades dos concellos ourensáns” e resalta o “bo traballo de Patricia Torres e o seu equipo deseñando e implementando novos proxectos para Boborás”

“A modificación do PXOM no núcleo do capital será un feito importantísimo que nos permitirá avanzar na transformación do noso municipio”, destaca Patricia Torres

A Deputación de Ourense colaborará co Concello de Boborás na modificación do PXOM para a delimitación do núcleo da capital co fin de, entre outros obxectivos, dotar de solo dotacional para a construción dunha residencia de maiores no municipio. Esta nova liña de cooperación institucional foi abordada nun encontro de traballo do presidente da Deputación, Manuel Baltar, coa alcaldesa de Boborás, Patricia Torres.

Trátase dunha axuda de 18.000 euros coa que o Concello de Boborás poderá contratar o equipo que se encargará de facer este documento e así poder levar a cabo os cambios pertinentes na delimitación urbanística en vigor.

Esta modificación, explica a alcaldesa, suporá ademais a adaptación á normativa actual e coa que o equipo de goberno de Boborás tamén quere aproveitar para ampliar o solo edificable e definir a ampliación de espazos públicos e viais para mellorar ó acceso a zona do colexio. Un espazo no que na actualidade se están a levar a cabo novas infraestruturas coma a piscina ou o futuro centro de saúde, sumadas ás xa existentes e coa previsión da mencionada residencia de maiores.

O presidente da Deputación enmarca esta nova liña de cooperación na “posición activa do goberno provincial atendendo as necesidades dos concellos ourensáns” e resalta o “bo traballo de Patricia Torres e o seu equipo deseñando e implementando novos proxectos para Boborás”.

Pola súa banda, Patricia Torres resalta a importancia da colaboración da Deputación co Concello de Boborás -“sen a súa cooperación sería imposible desenvolver e transformar Boborás”- e agradece ao presidente do goberno provincial, Manuel Baltar, “o seu compromiso e sensibilidade coas diferentes necesidades trasladadas”.

A rexedora pon en valor a importancia da modificación do PXOM, “un feito importantísimo que nos permitirá avanzar na transformación de Boborás, que, entre outros avances, contará cunha residencia de maiores que, ademais dun servizo á veciñanza, será unha fonte de traballo local”.

Relacionadas

A Deputación leva ata Ponte Caldelas o programa “Aquí faltan páxinas” para afondar na...

0
A deputada de Igualdade, Sandra Bastos, abrirá o faladoiro este xoves 23 de maio, ás 19:00 horas, na Casa da Cultura da vila, e...

A Deputación organiza no seu Edificio Administrativo cursos de español gratuítos para que inmigrantes...

0
A deputada de Benestar Social, Sandra Bastos, inaugurará o luns 20 de maio, ás 16:00 horas, esta acción formativa na que van participar máis...

A Deputación celebra a integración do Museo de Pontevedra en CODART, unha rede de...

0
“Con esta noticia completamos unha semana de grandes avances liderados polo Museo de Pontevedra para converter á provincia no epicentro cultural internacional”, remarcou o...

A Deputación de Pontevedra abre no Palacete das Mendoza a exposición “Música e pintura”...

0
A mostra do artista coruñés poderá visitarse na sede de Turismo Rías Baixas ata o vindeiro 2 de xuño A Deputación de Pontevedra acaba de...

A Deputación leva o programa provincial +Música este sábado a Bueu co concerto de...

0
O calendario do programa inclúe concertos nos 59 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes, que se celebrarán ata o próximo mes de...

A Deputación leva o programa provincial +Música este domingo a Rodeiro con Boyanka Kostova

0
O calendario do programa inclúe concertos nos 59 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes, que se celebrarán ata o próximo mes de...

Publicacións Relacionadas