• A concelleira do PP de Pontevedra Pepa Pardo critica que desde o Goberno local non se atendeu as mocións e escritos presentados polo PP, nos que propoñía diferentes plans de mellora para o espazo
• Pardo visitou de novo os diferentes niveis do recinto e recoñeceu que as deficiencias “foron a máis e o estado que agora presenta require dunha actuación urxente e integral”
A concelleira do Partido Popular de Pontevedra Pepa Pardo percorreu o Mercado de Abastos, tras as numerosas propostas levadas ao Pleno municipal e numerosos escritos de advertencia dos populares sobre as deficiencias nas instalacións. A pesar de que o Goberno local ha recoñecido a necesidade de mellora do recinto, “ignorouse por completo os nosos avisos e non se fixo nada”.
Pardo insistiu na necesidade de actuar con urxencia e atallar estas deficiencias ás que fai referencia: “Desde que se iniciou este mandato, en xuño do 2019, desde o PP reivindicamos a necesidade de levar a cabo melloras urxentes no Mercado”.
Tras máis dun ano desde de que a concelleira leva ao pleno varios plans de mellora, Pardo visitou para recoñecer se se levou a cabo algún tipo de actuación no recinto: “Puidemos comprobar que todo segue igual”.
Pardo comprobou se se puxo arranxo ás deficiencias que traslado ao Goberno local: “Segue sen haber #caixa# de primeiros auxilios de seguridade, os canlóns seguen desbordadas e non desaguan e os montacargas non funcionan, entre outros. O noso mercado e Pontevedra merécenllo. Por iso, reclamamos novamente a actuación urxente neste espazo”.



