Home Terra de Celanova Celanova O Partido Popular de Celanova expulsa a Antonio Mouriño das súas filas

O Partido Popular de Celanova expulsa a Antonio Mouriño das súas filas

- Anuncio -

· Esta decisión, tomada por unanimidade na xunta xestora do PP de Celanova e consensuada coa dirección do PPdeOU e o PPdeG, ven motivada pola participación activa de Mouriño no apoio e labores de goberno do actual alcalde de Celanova, Antonio Puga

· O presidente da xestora, Pablo Pérez, sinala que “no actual Partido Popular de Celanova non caben actitudes nin persoas como Antonio Mouriño. Somos un partido con novas actitudes e moito futuro e hai persoas que non encaixan no noso proxecto”

· “Debemos trasladar á veciñanza de Celanova o que puidemos comprobar nas municipais de 2019 e nestes últimos catro anos: Celanova Decide e Antonio Mouriño son o mesmo”, resalta Pérez

A xunta xestora do Partido Popular de Celanova, reunida o pasado 14 de febreiro de 2023, decidiu expulsar e declarar a perda de condición de afiliado a Antonio Mouriño Villar, ex alcalde de Celanova durante 21 anos.

Esta decisión, tomada por unanimidade, ven motivada pola participación activa de Antonio Mouriño no apoio e nas labores de goberno do actual rexedor celanovés, Antonio Puga. Mouriño, resaltan dende a xunta xestora, condiciona a vida política do pobo coa súa influencia sobre o grupo de goberno, solicitando o voto para Puga publicamente e acompañándoo na visita a pobos do rural de Celanova.

Esta decisión sobre Antonio Mouriño, consensuada coa dirección do PPdeOU e o PPdeG, tómase para, segundo resalta o presidente da xestora, Pablo Pérez, “deixar claro que o PP de Celanova non tolera actitudes de deslealdade”. Dende o Partido, explica Pablo Pérez, “queremos poñer en coñecemento da cidadanía e dos afiliados e simpatizantes do PP de Celanova que Mouriño participa nas labores de goberno de Antonio Puga, ademais de buscar apoios electorais para Celanova Decide”.

Pablo Pérez sinala que “no actual Partido Popular de Celanova non caben actitudes nin persoas como Antonio Mouriño. Somos un partido con novas actitudes e moito futuro, e hai persoas que non encaixan no noso proxecto”.

“Debemos trasladar á veciñanza de Celanova o que puidemos comprobar nas municipais de 2019 e nestes últimos catro anos: Celanova Decide e Antonio Mouriño son o mesmo”, explica Pablo Pérez antes de concluír: “En Celanova todos sabemos que ‘Mouriño Decide’ neste momento e que deixará de decidir a partir das vindeiras eleccións locais, cun goberno do Partido Popular no Concello se así o desexan os veciños”.

Relacionadas

A Xunta incide na fidelización e dinamización do comercio local coa súa participación na...

0
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, participou na inauguración desta xornada celebrada nos xardíns Padre Feijoo de Ourense polo Centro Comercial...

Luis Menor, na Feira do Viño do Ribeiro, cualifica aos viños desta denominación de...

0
Na 61 edición desta cita, o presidente da Deputación afirmou que a feira permite “seguir conservando a tradición vitivinícola da comarca, defender a súa...

Luis Menor aplaude as iniciativas privadas de mobilidade con selo ourensán que promoven un...

0
O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, asistiu esta mañá no Hotel OCA de Allariz, á saída da ruta de presentación de vehículos...

O Concello traslada a unha carpa e aos soportais da Praza Maior as actividades...

0
O Concello de Ourense trasladará a unha carpa e aos soportais da Praza Maior a programación de actividades organizadas para celebrar pasado mañá, domingo,...

Luis Menor felicita ao Bispado de Ourense e Castro Caldelas pola exposición que amosa...

0
O presidente provincial, o bispo da Diócese de Ourense e a alcaldesa de Castro Caldelas expresaron a enorme importancia que terá para a vila...

A Deputación renova o Premio de Xornalismo Xosé Aurelio Carracedo co recoñecemento á traxectoria...

0
Coincidindo co Día da Liberdade de Prensa, a institución provincial avanza os detalles da XXXIII edición dun premio instaurado como homenaxe e lembranza do...

Publicacións Relacionadas