HomeTabeirósCerdedo - CotobadeCubela executa a compra por 36.490 euros de dúas parcelas para crear...

Cubela executa a compra por 36.490 euros de dúas parcelas para crear un aparcamento e unha área recreativa ao carón do Centro Sociocultural de Tenorio

- Anuncio -spot_img

• Esta adquisición permitirá aumentar o espazo público adicado a equipamento e uso social no entorno desta infraestrutura veciñal

O alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, impulsou a adquisición de dúas parcelas de propiedade veciñal que se incorporan agora ao patrimonio municipal para aumentar o espazo de uso social e de equipamento público no entorno do Centro Sociocultural da parroquia de Tenorio.

Esta actuación supón un investimento de 36.490 euros que asume o Concello de Cerdedo-Cotobade a través dos fondos procedentes do Plan Concellos que a Deputación destina a este municipio. O acordo de compra-venta incorpora ao patrimonio municipal unha finca de 850 metros cadrados que linda ao norte coa parcela municipal onde está ubicado o Centro Sociocultural de Tenorio e tamén coa entrada municipal no lugar de Torrevella.

A outra parcela é de 950 metros cadrados e linda tamén ao norte coa parcela municipal. Ámbalas dúas propiedades extreman ao Vento Sur co terreo municipal o que lles conferiu un interese notable para a súa adquisición definitiva xa que ambas fincas permitirán, agora e trala súa adquisición, que o Concello poida agrupalas e mellorar o espazo público e de recreo do entorno do Centro Sociocultural de Tenorio permitindo dotala dunha zona de aparcamento e de recreo moi útil habida conta de que na actualidade esta infraestrutura de uso veciñal carece de espazo para albergar estas melloras en canto a uso social e equipamento público.

UN APARCADOIRO, UN PARQUE INFANTIL E OUTRO BIOSALUDABLE

As parcelas atópanse no ámbito do solo de núcelo rural de Tenorio séndolles de aplicación a ordenanza nº 4 das Normas Subsidiarias de planeamento e non contan con inconvinte algún para acoller usos como área de recreo, onde se prevé instalar un parque infantil e outro
biosaduable, e aparcamento complementario do Centro Sociocultural de Tenorio, trala agrupación coa parcela onde se empraza esta.

Pola súa banda, o alcalde Jorge Cubela, valorou moi positivamente o acordo cos propietarios particulares de ámbalas dúas parcelas porque “vai supoñer unha mellora substancial en canto a aumentar o uso social e o equipamento público do entorno do Centro Sociocultural de Tenorio que, deste xeitos, permitiranos incorporar unha zona de estacionamento e tamén un parque infantil e outro biosaludable para os nosos maiores e aquelas persoas que queiran facen exercizo de mantemento nun espazo especialmente indicado para elo”, sinalou o rexedor.

Publicacións Relacionadas