HomePontevedraO CondadoComezo das obras de mellora da seguridade da seguridade viaria no paso...

Comezo das obras de mellora da seguridade da seguridade viaria no paso de peóns na Capela dos Remedios

- Anuncio -spot_img

Ponteareas 27 de febreiro: No día de hoxe comezaron as obras de renovación do pintado para reforzar á seguridade viaria no paso de peóns que está na capela dos Remedios. Esta actuación está dentro das previstas polo goberno central e que xa anunciou o pasado día 8 de febreiro o delegado do goberno.

Conxuntamente co pintado, que tivo que atrasarse uns días debido a que as condicións meteorolóxicas non acompañaron para un bo secado, tamén se procederá a colocación de un semáforo de pulsador para incrementar a seguridade en dito paso de peóns.

Dende o PSdeG de Ponteareas, Delfín Domínguez quere por en valor estas actuacións, así como, que ó proxecto da Nacional 120 siga dando pasos de cara a súa execución.
“Os socialistas de Ponteareas seguiremos de preto as distintas fases que ten que pasar o proxecto, para que estas non sufran atrasos e poidan así cumprirse os prazos mais curtos posibles”.

A Ponteareas da xente#delfínalcalde

Publicacións Relacionadas