HomeOurenseBarbadásActuación de Ibuprofeno Teatro na Sala Manuel María en Barbadás

Actuación de Ibuprofeno Teatro na Sala Manuel María en Barbadás

- Anuncio -spot_img

O venres 3 de marzo ás 20h. actuación de Ibuprofeno Teatro coa obra “O Furancho”

Sinopse:

No noso furancho pódese consumir o excedente de viño, que é sinónimo de humor, e gozar de un espacio de comuñón e complicidade no que o público acode a empaparse coa máis pura e sincera expresión da comedia hilarante.

E para quen non sexa moito de beber alcohol, no nosos Furancho Spa resort vitivinícola Rosalía de Castro ofrecemos tratamentos de beleza e saude baseados na viñoterapia. O corpo humano é unha parra que se expande. Cada célula é unha uva que nos flúe por dentro. Nos cruzamos as sementes das cepas máis exquisitas para atopar a combinación perfecta que che aporte relax e benestar. Todo sen química nin sulfitos. Ecolóxico 100%.

A entrada é con invitación e recóllese na Casa da Cultura.

É unha comedia contemporánea familiar de duración 80min.

Publicacións Relacionadas