Home A Coruña A Asociación Mariñas-Betanzos repartirá na convocatoria 2023-2024 de medidas LEADER un total...

A Asociación Mariñas-Betanzos repartirá na convocatoria 2023-2024 de medidas LEADER un total de 586.263,06 euros entre as 36 solicitudes presentadas

- Anuncio -

• Como grupo coordinador destas axudas, conta con esta cantidade para o apoio de iniciativas emprendedoras e de servizos en 15 concellos: Abegondo, Aranga, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Coirós, Culleredo, Curtis, Irixoa, Oleiros, Oza-Cesuras, Paderne e Sada.

Ata un total de 36 solicitudes foron presentadas para optar ás axudas da medida LEADER, que coordina a Asociación de Mariñas Betanzos para apoio de iniciativas emprendedoras e de servizos en 15 concellos: Abegondo, Aranga, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Coirós, Culleredo, Curtis, Irixoa, Oleiros, Oza- Cesuras, Paderne e Sada.

Os fondos para a convocatoria 2023-2024 ascenden a 586.263,06 euros, que se repartirán entre os 27 proxectos produtivos, o 7 non produtivos de entidades públicas locais e os 2 proxectos non produtivos de institucións de carácter privado aspirantes á mesma, e que levan aparelladas un investimento no territorio de 2,4 millóns de euros. Distribuiranse tendo en conta os criterios de selección do GDR-23 aprobados polo AGADER

Cabe destacar que o pasado novembro, o GDR Mariñas-Betanzos puxo en marcha o proceso de elaboración da nova estratexia LEADER 2023-2027, buscando unha adaptación da mesma ao territorio e executando un diagnóstico da situación para manter encontros coas distintas mesas sectoriais, abarcando ámbitos como a mocidade, o medio ambiente, a educación ou a perspectiva de xénero.

O presidente da Reserva de Biosfera, José Antonio Santiso, destaca o “éxito” de convocatoria que tivo esta liña de axudas, facendo fincapé en que “se superan, e moito, os fondos dispoñibles nesta convocatoria, polo que serán asignados @teniendo en cuenta os criterios de selección aprobados polo AGADER”. Santiso quixo agradecer “a todas as iniciativas” non só o presentarse, senón tamén desenvolver “proxectos acordes aos novos tempos e en base a criterios de presente, pero tamén de futuro”.

Relacionadas

Inaugurado o novo albergue municipal Esperanza Tenreiro, en Nós

0
O edificio principal da Finca Tenreiro, en Nós, foi inaugurado esta tarde como Albergue municipal Esperanza Tenreiro. Con esta denominación, o Concello de Oleiros...

Excarcerado un home tras unha saída de vía na parroquia de Niveiro, no concello...

0
Os bombeiros do parque Comarcal de Santa Comba recibiron hoxe, sábado 4 de maio, ás 14.47 horas unha chamada na que se informaba dun...

A Xunta colaborou coa construción do albergue da finca Tenreiro de Oleiros a través...

0
― A directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, Zeltia Lado, asistiu hoxe á inauguración do novo espazo ― As alumnas e alumnos...

Fabiola García visita a Casa da Muller de Ponteceso na que a Xunta inviste...

0
A conselleira de Política Social e Igualdade destaca os 15 anos de traxectoria da Fundación Eduardo Pondal, a entidade que desenvolve estes programas A conselleira...

Lorenzana aborda co alcalde de Oroso, Álex Doval, as necesidades do parque empresarial de...

0
A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, mantivo hoxe un encontro co alcalde do Oroso, Álex Doval, con quen abordou as necesidades...

Abegondo solicitará a reversión dun tramo do Camiño ao antigo trazado para mellorar a...

0
• O alcalde reuniuse hoxe cos veciños de Meangos e Cos polas obras na estrada provincial O Concello de Abegondo concretou hoxe cos veciños as...

Publicacións Relacionadas