HomeO SalnésA Illa de ArousaO concello saca a licitación o bar-cafetería do Complexo Sociocultural por un...

O concello saca a licitación o bar-cafetería do Complexo Sociocultural por un periodo máximo de 6 anos

- Anuncio -spot_img

A cuantía mínima fíxase en 4.800 euros ao ano e o prazo para presentar ofertas remata o vindeiro 14 de marzo

O Concello de A Illa saca a licitación mediante un procedemento de concesión de servizo o bar-cafetería do Complexo Sociocultural, que leva pechado desde o pasado mes de setembro. O prezo base de licitación é de 4.800 euros ao ano e a concesión será por un periodo máximo de 6, polo que a cuantía deste contrato alcanza unha cantidade total de 28.800 euros.

A licitación anunciouse a través da Plataforma de Contratos de Galicia e as empresas interesadas na prestación deste servizo teñen de prazo ata o 14 de marzo para presentar a súa oferta adxuntando un sobre A coa documentación administrativa; un sobre B coa ponderable mediante xuizo de valor e un sobre C coa proposición económica e a documentación cuantificable de forma automática.

O prego de cláusulas administrativas particulares que rexe o contrato, a documentación e os modelos a presentar están publicados na Plataforma de Contratos de Galicia, e están tamén a disposición das persoas interesadas no primeiro andar da Casa do Concello.

Publicacións Relacionadas