Home Verín Laza Aldearmos Laza

Aldearmos Laza

- Anuncio -

O proxecto Aldearmos é un “programa de democratización cultural do e no rural” da Rede Aldear.

O sábado 4 de marzo, na casa Terra Alma en As Eiras (Laza).

Aldearmos Laza contará cun concerto, unha visita guiada, un obradoiro e mostra de cociña e unha conferencia. A Vicerreitoría de Extensión Universitaria da UVigo inaugurará unha mostra na Casa Terra Alma coas obras premiadas na sección de fotografía dos concursos culturais da Universidade de Vigo dos anos 2021 e 2022 e o investigador da Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense Deibe Fernández Simo ofrecerá unha conferencia sobre educación social en contornas naturais privilexiadas.

O concerto correrá a cargo de Cinta Adhesiva, grupo poético e musical que homenaxea ao escultor Buciños (https://cintaadhesiva.bandcamp.com/album/buci-os-ou-modelar-o-amor-co-vento)

O evento rematará cunha visita guiada e de observación de avifauna na contorna das Eiras.

ALDEARMOS LAZA – PRÓXIMO SÁBADO 4 DE MARZO – EIRÁS (LAZA)
🫂 10:00 Aldear Acompaña: presentación da Rede Aldear. Casa Terra Alma.
👩🏽‍🍳 10:30 Sabor a Laza!!!: Obradoiro para identificar, consumir e cociñar prantas da nosa contorna. Dende o xardín da Casa Terra Alma.
📸 11:00 Inauguración da exposición ’Premios culturais da Universidade de Vigo – Obras premiadas en fotografía 21-22’ cedida pola Vicerreitoría de Extensión Universitaria da UVigo. Casa Terra Alma.
👨🏻‍🎓 12:30 Aldear-Campus Auga: Deibe Fernández-Simo. ’Educar é natural’. Educación social en contornas naturais privilexiadas. Xardíns casa Terra Alma.
🎤 13:00 CONCERTO: Cinta Adhesiva. Casa Terra Alma.
👨🏻‍🎓🦅 16:30 Visita guiada e observación de avifauna na contorna das Eiras. Saída e chegada á Casa Terra Alma.

Relacionadas

O Concello de Ourense externalizará a xestión e servizo do Complexo termal das Burgas...

0
O grupo de Goberno informou esta mañá nunha reunión de portavoces a externalización da xestión da xestión e servizo das Termas das Burgas coa...

A Deputación apoia a cuarta edición da proba ciclista O Gran Camiño, na que...

0
O presidente provincial, Luis Menor, destacou na presentación oficial do evento a “gran oportunidade de difusión” para a provincia que ten a proba, que...

COGAMI impulsa a igualdade e o empoderamento de máis de 200 mulleres con discapacidade...

0
COGAMI desenvolveu ao longo de 2024 tres programas clave para promover a igualdade, o empoderamento e a inclusión social de máis de 200 mulleres...

A Deputación mobiliza maquinaria para traballos de prevención polas xeadas nas estradas provinciais en...

0
Trala previsión de baixas temperaturas na provincial, os equipos e maquinaria da Deputación de Ourense, destinados ao Plan de Vialidade Invernal, iniciaron esta mesma...

A Deputación mobiliza 683.000 euros en axudas para diversas actividades como o fomento de...

0
O goberno provincial sacou adiante a aprobación das bases reguladoras do concurso para a concesión de subvencións para o fomento do Termalismo Social nos...

Luis Menor destaca a “innovación” na prestación de servizos nas áreas industriais durante a...

0
O presidente da Deputación puxo en valor esta iniciativa, na que a institución provincial financiou o 40% do investimento, cualificándoa de “área pioneira” Menor reafirmou...

Publicacións Relacionadas