Home Pontevedra Ponte Caldelas A directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa celebra o Día Mundial...

A directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa celebra o Día Mundial da Natureza co alumnado do IES de Ponte Caldelas

- Anuncio -

O centro foi galardoado co primeiro premio da categoría B do certame ‘Innovagal’ polo proxecto ‘Da terra á nube: o monte vivo’

A directora xeral de Ordenación e Innovación educativa, Judith Fernández, acompañou hoxe ao alumnado do instituto IES de Ponte Caldelas na celebración do Día Mundial da Natureza. O centro foi galardoado co primeiro premio da categoría B (para centros públicos integrados, institutos e centros públicos de educación e promoción de adultos) do certame Innovagal, da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades, que avala o compromiso dos colexios e institutos coas boas prácticas en innovación educativa.

En concreto resultou galardoado polo proxecto Da terra á nube: o monte vivo, unha serie de accións coherentes e orientadas á defensa e promoción do espazo natural onde se sitúa o instituto, de tal xeito que o monte e o río Verdugo funcionan como fío condutor. A finalidade do proxecto é familiarizar ao alumnado coa xestión do monte como un moi importante elemento económico da comarca, para o que colaboran con outras institucións, como as comunidades de montes ou o Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Lourizán.

A iniciativa comprende as accións Os meandros do río Verdugo, no que deseñaron e implementaron un sendeiro que percorre a área que teñen ao seu coidado e a participación en Plan Proxecta a través de Proxecto Ríos, Proxecto TERRA e Paisaxe e sustentabilidade. Ademais, a acción Polo río vai e vén: Tralas pegadas do Volframio incorporou a investigación histórica ao proxecto sobre os espazos naturais a través dunha mina da zona e acadou un premio sobre innovación en dinamización lingüística.

Relacionadas

Mos concilia ao grande

0
Desenvolve un ambicioso e pioneiro plan de conciliación familiar e laboral, dos poucos en Galicia de tal envergadura, gracias ao apoio da Consellería de...

Román Rodríguez, gaba o esforzo do profesorado que este curso participa en máis de...

0
O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP inaugura os primeiros obradoiros de Mellora da Competencia Comunicativa na aula O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades...

O Hospital Montecelo acollerá unha xornada de portas abertas ao público sobre a asma...

0
Con motivo do Día Mundial da Asma, o martes 7 de maio, a partir das 13:30 horas, celébrase a I Xornada de Concienciación da...

A Biblioteca Municipal de Nigrán recibe visitas escolares de toda a Área de Vigo...

0
A BIBLIOTECA MUNICIPAL DE NIGRÁN RECIBE VISITAS ESCOLARES DE TODA A ÁREA DE VIGO E COMARCA Centros como o Rosalía de Castro, Divino Salvador, A...

O concello de Nigrán construirá un campo de fútbol 7 homologado no terreo ao...

0
Trátase dunha petición da asociación de veciños da parroquia e o Concello xa dispón do proxecto aprobado. As obras, cun orzamento de 287.646 €,...

Comezan as finais do certame Talento Xove no que participaron máis de 300 mozos...

0
A final de cociña contará coa presenza da directora Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia, Lara MenesesMañá día 4 celébrase a final de...

Publicacións Relacionadas