O Grupo Municipal Socialista INSTA Ó CONCELLO Á CREACIÓN/FOMENTO DE FRANXAS SECUNDAREAS DE SEGURIDADE DE BOSQUES AUTOCTONOS DE FRONDOSAS FRENTE O LUME NOS POBOS DE O IRIXO.
Lamentan os socialistas que remate o inverno sen que o grupo de goberno poña en marcha unha soa iniciativa para facer fronte os lumes do verán que unha vez mais reiteramos, se apagan no inverno.
Lamentamos que o alcalde e o seu grupo de goberno nada fixeran mais que viaxar e andar o xogo da oca “ que cada día festexan por que lles toca…”.
O Portavoz do Grupo Municipal Socialista do Concello de O Irixo, Iago Fariñas Valiña, presentou unha nova MOCIÓN INSTANDO Ó CONCELLO Á CREACIÓN/FOMENTO DE FRANXAS SECUNDAREAS DE SEGURIDADE DE BOSQUES AUTOCTONOS DE FRONDOSAS FRENTE O LUME NOS POBOS DE O IRIXO.
Que existen graves carencias de medios que xa se puxeron de manifesto no incendio que afectou o noso concello en xuño de 2015 e este pasado verán 2022.
Que a creación de franxas secundarias de seguridades con arborado autóctono de frondosas FARÍA DE CORTA LUMES NATURAL DOS DISTINTOS POBOS e podería evitar no futuro que o lume chegase as vivendas da veciñanza do Irixo.
Os socialistas na súa moción plantexan;
Que o Concello de O Irixo cos seus propios medios e/ou a colaboración de outras administracións, proceda Á CREACIÓN/FOMENTO DE FRANXAS SECUNDAREAS DE SEGURIDADE DE BOSQUES AUTOCTONOS DE FRONDOSAS FRENTE O LUME NOS POBOS DE O IRIXO coa entrega de arbores autóctona de frondosa (carballos, castiñeiros, bidueiros, érbedos, etc… ) a veciñanza con parcelas nas franxas secundarias de seguridades dos pobos que as teñan perfectamente limpas cunha correcta xestión da biomasa e libre de árbores non permitidas como eucaliptos ou acacias conforme a lei de prevención de incendios forestais.



