Home Ourense O Carballiño O Concello de Piñor informa da realización da actividade “ENREDOS POLA IGUALDADE”,...

O Concello de Piñor informa da realización da actividade “ENREDOS POLA IGUALDADE”, con motivo do vindeiro 8M, Día Internacional da Muller

- Anuncio -

ACTIVIDADE INFANTIL E FAMILIAR PARA CONMEMORAR O 8M “DIA INTERNACIONAL DA MULLER”: “ENREDOS POLA IGUALDADE”

O tema da igualdade de xénero e a loita por acadar esa igualdade efectiva e real entre mulleres e homes require dunha implicación por parte de tódalas administracións. Máis concretamente, a infancia e adolescencia son un colectivo co que hai que traballar o tema de forma prioritaria, así como coas nais e pais, pois se educamos en igualdade crearemos futuras persoas adultas responsables e respetuosas. Dende o Concello de Piñor son moitas as iniciativas que, ó longo do ano, se levan a cabo neste eido, tanto actividades directamente destinadas ó tema da igualdade como iniciativas de tipo transversal, tratando de incluir o tema da igualdade en diversas actividades infantís de conciliación que se levan a cabo.

O Programa de Educación Familiar, que se leva ofrecendo dende o Concello de Piñor dende o ano 2006, é precisamente un servizo que traballa directamente este tema, tanto coas familias usuarias como nas actividades comunitarias que leva a cabo. Dende devandito programa, financiado pola Consellería de Política Social e polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020 como parte da resposta da Unión á pandemia da COVID-19, levarase a cabo a actividade “ENREDOS POLA IGUALDADE”, unha xornada de actividades vinculadas á temática da igualdade de xénero, onte nenos, nenas e tódolos membros da familia poderán desfrutar de xogos variados, sorteos e agasallos. Terá lugar o vindeiro sábado 11 de marzo de 16:30h a 19:30h no Centro Social de Albarona, ofrecendo as seguintes actividades:

 “Cluedo da igualdade”: Actividade en rol, en vivo e teatralizada, na que as familias participarán en equipo para desvelar un misterio.
 Xogos tradicionais: Unha tarde de xogos en familia, con monitores/as que nos guiarán e con acompañamento musical para animar a xornada.
 “Fotocall de igualdade”: As familias e cativos poderán levarse un recordó desta xornada, cun espazo Fotocall con elementos e mensaxes en prol da igualdade.
 Sorteo de contos de igualdade e agasallos para nenos e nenas.

Animamos á poboación a asistir á actividade ENREDOS POLA IGUALDADE, para pasar unha tarde en familia divertida, mentres fomentamos a igualdade de xénero entre os nosos nenos e nenas. Dende a organización, rógase puntualidade, para poder comezar ás 16:30h a actividade inicial.

Relacionadas

O alcalde recibe o director da ONCE en Ourense e trasládalle o apoio do...

0
O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome recibiu esta mañá no Concello o director da Organización Nacional de Cegos Españois (ONCE) en Ourense, David...

Alcalde e CEO reclaman a mellora de infraestruturas periféricas e urxen as autovías a...

0
Pérez Jácome recibiu no salón de plenos a comisión de Infraestruturas da Confederación Empresarial O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, recibiu esta mañá no...

A Xunta de Goberno Local concede 4 licenzas urbanísticas na súa sesión ordinaria desta...

0
A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense acordou na súa sesión de hoxe conceder 4 licenzas urbanísticas, para os proxectos de adaptación...

O presidente da Deputación visita en Paderne o futuro centro de transformación de produtos...

0
Luis Menor, acompañado polo presidente do Inorde, Rosendo Fernández, e do alcalde de Paderne de Allariz, Manuel Pérez, coñeceu in situ o estado actual desta infraestrutura que...

A IX Copa Deputación de Natación Sincronizada reúne este sábado a 250 deportistas de...

0
A IX Copa Deputación de Natación Sincronizada reunirá este sábado, 4 de maio, na piscina Rosario Dueñas, a un total de 250 deportistas de...

A Deputación colabora con Adegal para dar formación e asesoramento a agricultores e gandeiros...

0
O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, mantivo no Pazo Provincial un encontro cos representantes da Asociación de Empresarios, Gandeiros e Agricultores da...

Publicacións Relacionadas