Home Ourense Baixa Limia Manuel Baltar: “José Albino Bastos e o seu equipo representan o futuro...

Manuel Baltar: “José Albino Bastos e o seu equipo representan o futuro de Entrimo”

- Anuncio -

O presidente provincial mantivo un encontro en Entrimo co cabeza de lista do PPdeOU neste concello e parte da candidatura que o acompañará nas vindeiras eleccións municipais

Manuel Baltar destaca do candidato a súa “paixón por Entrimo e a súa capacidade para artellar novos proxectos de dinamización do territorio”

“Esta será unha candidatura con forza, ilusión e capacidade de xestión”, remarca o presidente provincial, que destaca o traballo do PPdeOU para “ser a mellor ferramenta da veciñanza en cada un dos 92 concellos da provincia de Ourense”

José Albino Bastos sinala que da este paso “para contribuír a que Entrimo avance, implementando políticas de mellora do medio rural co obxectivo de construír un futuro para os nosos fillos”

“Entrimo está baixo mínimos, cun goberno municipal paralizado. Este concello necesita un empuxe para aproveitar todas as potencialidades que temos”, remarca o candidato do PPdeOU

O presidente provincial, Manuel Baltar, mantivo un encontro en Entrimo co cabeza de lista do PPdeOU neste concello nas vindeiras eleccións municipais, José Albino Bastos, e parte do equipo que o acompañará na candidatura electoral.

Manuel Baltar destaca do candidato a súa “paixón por Entrimo e a súa capacidade para artellar novos proxectos de dinamización do territorio, afondando na colaboración institucional e a alianza público-privada”.

José Albino Bastos e o seu equipo, explica o presidente provincial, “representan o futuro de Entrimo. “Esta será unha candidatura con forza, ilusión e capacidade de xestión”, remarca Manuel Baltar, que destaca o traballo do PPdeOU para “ser a mellor ferramenta da veciñanza en cada un dos 92 concellos da provincia de Ourense”

Pola súa banda, José Albino Bastos sinala que da este paso “para contribuír a que Entrimo avance, implementando políticas de mellora do medio rural co obxectivo de construír un futuro para os nosos fillos”

Agora mesmo, explica o candidato, “Entrimo está baixo mínimos, cun goberno municipal paralizado. Este concello necesita un empuxe para aproveitar todas as potencialidades que temos”.

Biografía de José Albino Bastos

José Albino Bastos Rodríguez (1969) naceu e criouse en Entrimo. Despois de estar dúas décadas fóra regresou ao seu concello para desenrolar proxectos empresariais. Actualmente xestiona o cámping da localidade.

Relacionadas

A Deputación de Ourense propón no Congreso Internacional de Termalismo de Archena un “programa...

0
O presidente #Luis Menor solicitou a colaboración doutras administracións, vilas termais e instalacións balnearias para ofertar un volume suficiente de prazas “e así chegar...

O PP de Ourense pon en marcha a súa campaña con motivo do 25N...

0
● A vicesecretaria de Igualdade, Elena Freijedo, recalca que con esta acción, os populares ourensáns “queremos poñernos do lado das mulleres vítimas de violencia,...

A execución da senda peonil á altura do Parque Barbaña obriga ao traslado provisional...

0
O postos de venda ambulante instalaranse no entorno da Praza de Abastos - rúas Tras Alameda, e baixada da Praza a carón do Rianxo...

A Deputación aposta polo baloncesto veterano federado co Torneo DepOUbasKet Másters +35

0
Xogadores e xogadoras da provincia e convidados de toda Galicia disputarán no Pazo Paco Pac mañá sábado, 23 de novembro, esta nova cita da...

A Xunta pon de relevo nos XIII Premios de AJE Ourense a estratexia de...

0
― O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, o director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, e a directora-xerente de...

A Xunta impulsa medidas pioneras para a retencion e a atracción de talento para...

0
— José González destaca a fortaleza, a perseveranza e o compromiso desta entidade ao longo do seu case medio século de traxectoria, poñéndoa en...

Publicacións Relacionadas