Recupera o lema: “Nin Tenerife, nin Río de Janeiro… O mellor entroido en Campo Lameiro” e pendura do Consistorio unha máscara xigante de entroido.
O Concello de Campo Lameiro prevé unha participación récord dunhas 2.000 persoas no desfile de disfraces que terá lugar esta sábado 4 de marzo a partir das 17 horas desde a rúa Veigas de San Miguel ata a Praza do Concello. Ademais, este ano para festexar esta celebración un equipo de voluntarios realizou este ano unha careta xigante confeccionada de xeito artesanal e que foi pendurada na fachada do Consistorio.
Durante máis dun mes este grupo de persoas afeccionadas ao entroido foron creando da nada unha enorme máscara que simboliza o espírito do entroido de Campo Lameiro que recupera, despois do parón imposto pola pandemia, o seu lema: “Nin Tenerife, nin Río de Janeiro… O mellor entroido en Campo Lameiro”.
Nesta edición, o entroido de Campo Lameiro contará coas seguintes comparsas convidadas: Os Solfamidas (Campo Lameiro), Os Paparrulos (Marín), As Sonecas (Campelo), Luces (Tomiño), Las Flores del Carnaval (Monte Porreiro), Revolución Show (Tomiño), Os 100tolos (Campelo), Os Miúdos (Arcade), Os da Caña (Marín) e Os Canecos (Poio).
Ademais a estas alturas, están xa inscritos un total de 17 grupos adultos, 4 menores, 11 disfraces individuais adultos e 7 menore. Ao remate, tras coñecer a decisión do xurado sobre os gañadores dos diferentes premios, terá lugar un baile na Praza do Concello amenizada por un DJ.
Todas aquelas persoas e grupos que queiran participar na edición deste ano poderán inscribirse o día do desfile en horario de 15:30h a 16:30 horas no Consistorio e tamén terán que retirar alí os dorsais cos que se identifican para participar no concurso de disfraces.
Os premios do desfile aos que se poderán optar son os seguintes:
a) INFANTIL. Individual
1º Premio………………………………40 euros.
2º Premio………………………………30 euros.
3º Premio………………………………20 euros.
4º Premio………………………………15 euros.
5º Premio………………………………10 euros.
b) INFANTIL. Grupos
1º Premio………………………………100 euros.
2º Premio………………………………70 euros.
3º Premio………………………………50 euros.
4º Premio………………………………40 euros.
5º Premio………………………………30 euros.
c) ADULTOS. Individual
1º Premio………………………………100 euros.
2º Premio………………………………70 euros.
3º Premio………………………………50 euros.
4º Premio………………………………35 euros.
d) ADULTOS. Grupo
1º Premio………………………………320 euros.
2º Premio………………………………190 euros.
3º Premio………………………………140 euros.
4º Premio………………………………110 euros.
e) COMPARSAS
1º Premio………………………………375 euros.
2º Premio………………………………360 euros.
3º Premio………………………………350 euros.
Ademais, as persoas que participen no desfile tamén poderán optar aos seguintes premios especiais:
- ANIMACIÓN: 3 premios de 100 euros.
- XURADO: 1 premio de 200 euros.
A organización poderá deixar deserto calquera dos premios previstos en función de que se considere que ningún dos participantes reúne méritos suficientes para poder levalo. O fallo do xurado será inapelable e será emitido ao final do desfile, durante o baile na Praza do Concello.
Polo que respecta aos disfraces que entren en concurso, valorarase a súa orixinalidade, dificultade na súa elaboración, así como o bo humor e a soltura desenvolvida polos participantes no desfile.
Para máis información e consulta das bases: www.campolameiro.org



