Home Ourense Baixa Limia A Deputación colabora na ampliación do balneario de Lobios cun complexo de...

A Deputación colabora na ampliación do balneario de Lobios cun complexo de piscinas exteriores que aumentará a oferta termal

- Anuncio -

Manuel Baltar asistiu á presentación desta iniciativa nunha reunión no consistorio de Lobios coa presenza da alcaldesa, María del Carmen Yáñez, membros do grupo de goberno; o presidente da Fundación San Rosendo, José Luis Gavela; o director xeral de Caldaria, Javier Soto; e os deseñadores do complexo, os arquitectos César Portela e Magdalena Portela

O presidente do goberno provincial explica que a colaboración da Deputación, financiando o anteproxecto, “enmárcase no decidido impulso que lle damos ao territorio sempre que falamos de termalismo”. Máis aínda nesta ocasión, destaca, “posto que neste lugar temos as augas mineromedicinais máis quentes de toda Europa, con 77 grados”

María del Carmen Yáñez avoga por un traballo “coordinado e conxunto para sacar adiante un complexo no que o Concello vai poñer a disposición da Fundación San Rosendo os terreos anexos ao balneario. As piscinas, di a alcaldesa, “son unha demanda de visitantes e usuarios habituais do balneario”

José Luis Gavela desvela que con esta ampliación “imos completar o balneario de Lobios”, mentres César Portela cualifica o futuro complexo termal como “todo un reto neste lugar tan marabilloso”

A Deputación de Ourense vén de colaborar na ampliación do balneario de Lobios, no que a Fundación San Rosendo, como xestora das instalacións e co apoio do Concello, prevé a construción dun complexo de piscinas exteriores que aumentará a oferta da área termal de Río Caldo.

Os detalles desta iniciativa presentáronse no consistorio de Lobios no transcurso dunha reunión na que participaron o presidente da Deputación, Manuel Baltar; a alcaldesa, María del Carmen Yáñez, acompañada por membros do grupo de goberno; o presidente da Fundación San Rosendo, José Luis Gavela; o director xeral de Caldaria, Javier Soto; e os deseñadores do complexo termal, os arquitectos César Portela e Magdalena Portela.

Manuel Baltar explica que a colaboración da Deputación, financiando o anteproxecto, “enmárcase no decidido impulso que lle damos ao territorio sempre que falamos de termalismo”. Máis aínda nesta ocasión, destaca o presidente do goberno provincial, “posto que neste lugar temos as augas mineromedicinais máis quentes de toda Europa, con 77 grados”.

O balneario de Lobios “é un emblema do noso termalismo, ao carón do parque natural do Xurés e do parque nacional de Peneda-Gerês en Portugal, unha fronteira que tamén é un dos atractivos importantes do territorio”, apunta Manuel Baltar, que sinala “o plus que lle dá a este anteproxecto contar con arquitectos de prestixio como César e Magdalena Portela”.

Resposta á demanda de visitantes e usuarios habituais da área termal de Río Caldo

María del Carmen Yáñez, entre tanto, avoga por un traballo “coordinado e conxunto para sacar adiante un complexo no que o Concello vai poñer a disposición da Fundación San Rosendo os terreos anexos ao balneario”. A alcaldesa incide nunha iniciativa “que porá en valor o noso termalismo, un recurso de primeiro nivel e cun grandísimo potencial no noso municipio e, ademais, na contorna da Reserva da Biosfera Transfronteiriza Gerês-Xurés”. As piscinas termais no exterior do balneario, engadiu, “tamén responderán á demanda deste tipo de instalacións que nos formulan os visitantes e usuarios habituais da área termal de Río Caldo”.

José Luis Gavela, agradecido pola presenza de Manuel Baltar na presentación do anteproxecto, desvela que con esta ampliación “imos completar o balneario de Lobios”, ao tempo que asegura que “facelo con César Portela é toda unha garantía”. O arquitecto, pola súa banda, cualifica o futuro complexo termal como “todo un reto a realizar neste lugar tan marabilloso de Lobios, cun conxunto de piscinas que permitirán aproveitar as augas termais e a natureza que rodea a este balneario”.

Relacionadas

Os deputados Javier Tourís e Marcos Guisasola acoden á igrexa do mosteiro da Armenteira,...

0
Os deputados provincias Javier Tourís e Marcos Guisasola estiveron este domingo na igrexa do mosteiro da Armenteira. A coñecida como “catedral do Salnés” volve...

Óscar López e Asociación Cultural Auriense obteñen os primeiros premios do concurso dos maios...

0
Os galardóns ás mellores coplas foron para Auriense (persoas adultas) e a AFA do CEIP Saco e Arte (infantil), e o do maio infantil...

A Deputación concede preto de 30.000 euros ao Concello de Campo Lameiro para dotar...

0
Trátase de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que distribuíu xa máis de 2,4 millóns de euros entre concellos da provincia de menos...

Luis López amosa o apoio da Deputación ao BM Porriño, que busca o pase...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e a vicepresidenta Luisa Sánchez asisten no Pavillón Municipal do Porriño ao partido de ida das...

Luis López enxalza os cinco festivais Rías Baixas Fest: “Resumen todo o que é...

0
O presidente provincial, xunto coa deputada de Turismo, Nava Castro, participa en San Vicente na presentación dos festivais Portamérica, Atlantic Fest, Sin Sal, SonRías...

A Deputación e o Concello de Sanxenxo analizan proxectos en marcha e novas actuacións...

0
A deputada de Infraestruturas Públicas, Isabel Couselo, reuniuse co alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín, e confirmou o compromiso da institución provincial para dar impulso...

Publicacións Relacionadas