HomeVigoNigránA vella apisonadora do concello de Nigrán transfórmase no "Xoguete-Estela" do patio...

A vella apisonadora do concello de Nigrán transfórmase no “Xoguete-Estela” do patio do CEIP Carlos Casares de Vilariño

- Anuncio -spot_img

A antiga máquina foi doada á ANPA do centro educativo co obxectivo de que a transformasen nun elemento de xogo seguindo as indicacións do arquitecto de Sistema Lupo, deseñador do ‘Bosque-escola’

“Parece maxia, estaba inservible e cheo de silvas e agora é un tobogán multi-xogos espectacular”, recoñece o alcalde, Juan González

“Foron dous anos de duro traballo por parte dos pais e unha odisea conquerir homologado, pero xa está aquí instalado para o goce das crianzas”, recoñece a presidenta da Anpa

Nigrán, 03/03/23.- A vella apisoadora do Concello de Nigrán loce desde a semana pasada no CEIP Carlos Casares de Vilariño como o ‘xoguete-estrela’ do patio e, posiblemente, o máis singular de toda Galicia. Atrás quedan dous anos de duro traballo por parte dos pais para restauralo e conquerir a obrigatoria homologación de Industria como xogo para parque infantil.

“Parece maxia, estaba inservible e cheo de silvas e agora é un tobogán multi-xogos espectacular”, recoñece o alcalde, Juan González, sobre esta antiga máquina á que no 2021 ‘botou o ollo’ o arquitecto de ‘Sistema Lupo’ Fermín González (quen deseña este bosque-escola e o do CEIP da Cruz, en Camos) ao estar almaceada nunha finca contigua ao centro educativo. A partir de aí, o Concello decidíu doala á Anpa e o proxecto da apisoadora pasou a formar parte do programa #Mestradeobra que ‘Lupo’ realiza en colexios públicos de Galicia e que a comunidade educativa de Vilariño ten como referencia ao defender o xogo como o mellor método de aprendizaxe. O propio Fermín e o alumado deseñaron concienzudamente a nova apisoadora, que inclúe estruturas en madeira como complemento.

“Foron dous anos de duro traballo por parte dos pais e unha odisea conquerir homologado, pero xa está aquí instalado para o goce das crianzas”, recoñece a presidenta da Anpa, Lorena Comesaña, quen agradece o traballo dun grupo de pais ‘manitas’ dirixido por Rubén Gómez, experto en restaurar motocicletas antigas, e tamén de veciños e empresas.

“Estaba totalmente deteriorado, coas chapas perforadas e oxidadas e ningún guindastre do Concello pode movelo porque pesa 5 toneladas sen o motor nin o recheo do pisón”, explica Comesaña, quen recoñece que tivo que “tirar de contactos” para conseguir que unha empresa o movese altruístamente do almacén municipal ao aparcadoiro do Hostal Queimada (onde empezaron a traballar nel) e despois de volta ao patio do colexio. “Houbo que substituír chapas enteiras, lixalo, pintalo varias veces… foi un traballo conxunto e voluntario de moita xente”. E aínda así, xa situado, tivo que someterse a unha segunda remodelación para cumplir cos criterios de homologación, e foi nese intre cando se lle engadíu un tobogán de madeira na zona do pisón porque para ser ‘apto’ resultaba indispensable cubrilo. “O 90% das maquetas iniciais que fixeron os nenos sobre a apisoadora incluía ese tobogán, así que ao fin cumprimos o seu desexo”, explica Lorena.

Este singular xogo pasará a formar un eixo central do futuro ‘bosque-escola Carlos Casares’ no que o ‘Sistema Lupo’ está a traballar e que consiste en gañar para o cole unha parcela municipal de 2.000 metros cadrados lindeira ao colexio bautizada como ‘Souto Casares’ tras realizar unha plantación todo o colexio cos dous fillos do escritor. “Trataríase de integrar a tomada no propio patio do centro educativo mediante un ambicioso proxecto de paisaxismo para facer un bosque do que o alumnado se beneficie”, explica González.

Publicacións Relacionadas