HomeTabeirósCerdedo - CotobadeO Concello de Cerdedo-Cotobade destina 190.671 euros a incorporar 20 desempregados para...

O Concello de Cerdedo-Cotobade destina 190.671 euros a incorporar 20 desempregados para reforzar o plantel de conservación e servizos municipais

- Anuncio -spot_img

• Ao abeiro deste programa traballarán a xornada completa durante sete meses 5 encofradores, 9 podadores, desbrozadores e motoserristas, 2 conductores-operadores de maquinaria forestal a motor, un conductor de camión e 3 pintores de vías urbanas.

O Concello de Cerdedo-Cotobade destina uns 225.073,80 euros a reforzar o plantel municipal de conservación de infraestruturas de titularidade municipal, o patrimonio cultural, o medio ambiente e o parque de vehículos e maquinaria para unha mellor atención á veciñanza coa contratación de 20 persoas desempregadas dentro do programa de emprego municipal que conta cunha aportación do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra de 169.651,63 euros e 55.422,17 euros de fondos propios municipais.

Estes 20 novos traballadores desempeñarán as súas funcións durante sete meses cunha xornada completa e un salario bruto aproximado duns 1.166,67 euros, ao que hai que engardir as cotizacións á Seguridade Social do tempo que dura o seu contrato.

O CONCELLO DUPLICA OS FONDOS PROPIOS AO FOMENTO DO EMPREGO

Para poder asumir un importante número de traballadores e manter o poder adquisitivo dos novos operarios o Concello destinou de fondos propios para completar este programa uns 55.422,17 euros o que supón algo máis que duplicar prácticamente a partida que dedicou o pasado ano a este programa de fomento do emprego.

Así, comezaron a prestar os seus servizos de apoio ao persoal municipal, 5 encofradores, 9 podadores, desbrozadores e motoserristas, 2 conductores-operadores de maquinaria forestal a motor, un conductor de camión e 3 pintores de vías urbanas.

Como é preceptivo, o Concello de Cerdedo-Cotobade orientou estas contratacións a persoas que estaban en situación de desemprego e ademais priorizou a colectivos especialmente desfavorecidos na súa incorporación ao mercado de traballo, como son as vítimas de violencia de xénero, maiores de 45 anos, persoas cunha discapacidade superior ao 33%, membros de familias monoparentais con fillos a cargo, persoas con niveis de renda baixos ou aqueles que teñan cargas familiares.

Estes traballadores, que se integrarán nas brigadas municipais e actuarán baixo a coordinación do encargado, van realizar tarefas básicas de reparacións urxentes, pavimentacións en formigón, muros de cerramento, limpezas e desbroces de rutas de sendeirismo, acondicionamento de zonas verdes e naturais, condución de tractores municipais para desbroces e limpeza de parcelas de titularidade municipal, condución do camión, pintado de vías e dependencias municipais e mellora da sinalización horizontal en estradas do Concello.

Publicacións Relacionadas