Home Pontevedra Caldas A Casa da Cultura queda pequena para acoller a presentación de Natalia...

A Casa da Cultura queda pequena para acoller a presentación de Natalia Camiña como candidata do BNG á alcaldía de Cuntis

- Anuncio -

Natalia Camiña: “Queremos facer de Cuntis un concello referente. Por iso o 28 de maio imos a por todas. Con ilusión, traballo e dedicación construiremos un futuro mellor para Cuntis”

O pasado sábado, a Casa da Cultura de Cuntis quedou pequena para acoller o acto de presentación pública de Natalia Camiña como candidata á alcaldía de Cuntis.

Arroupada polo activista cultural, Héitor Picallo, e a eurodeputada, Ana Miranda, Natalia Camiña afirmou que “hoxe comeza un gran proxecto de futuro para Cuntis, que afrontamos con moitas gañas, ilusión e respecto”.

“Nacín aquí, na Pena de Vilabar, fun á escola aquí, medrei aquí, fraballo aquí, formo parte da agrupación municipal de música de Cuntis, e desexo que a miña vida laboral, de ocio e política continúe estando aquí”, afirmou a candidata nacionalista, para afirmar que “está comprometida coa lingua e a cultura e que é hora de rematar xa co conformismo que caracteriza a política municipal, porque Cuntis precisa cambios e precisa ter esperanza para ter futuro”.

“Dóeme ver como Cuntis esmorece, Négome a caer no conformismo de ver como a miña xeración e as xeracións vindeiras teñen que marchar para poder vivir dignamente”, afirmou a candidata do BNG, que deixou cair un dato extremecedor: desde 2008 Cuntis perdeu nada máis nin nada menos que o 11% da súa poboación, baixando dos 5000 habitantes e, en consecuencia, perdendo numerosos recursos económicos.

Natalia Camiña debrullou os principais problemas que ten o concello, “uns problemas que son compartidos pola maioría da veciñanza”: o abandono do rural, a perda de servizos públicos, con cada vez menos servizos de autobús e o PAC de referencia practicamente desmantelado, a falta de alternativas de ocio tanto para a mocidade como as persoas adultas, a escaseza de empregos, cun polígono industrial que aparece como promesa electoral cada cadro anos e que aínda segue sen despegar, a falta de vivenda asequíbel, a pésima xestión do concello, que fai que se perdan subvencións pola súa mala tramitación, ou a falta de seguranza viara, tanto na N-640 como nas pistas municipais.

Pero, a pesar desta situación “non podemos nin debemos resignarnos. O futuro pode ser distinto, os problemas teñen solucións se se ten un proxecto de concello, se fai unha boa xestión do mesmo, se se aproveitan os recursos cos que contamos, que son moitos, e se lle dá voz a todos os veciños e veciñas…. Cuntis ten un gran potencial que está desaproveitado.

Temos un gran patrimonio cultural, arqueolóxico e termal que debemos poñer en valor. Temos uns recursos naturais e turísticos impresionantes que debemos coidar e que nos dan riqueza”, afirmou a candidata a alcaldesa de Cuntis.

Para demostrar que, con políticas axeitadas, se pode sair dunha situación de declive e avanzar, Camiña puxo en valor concellos gobernados polo BNG como Allariz, Tomiño, O Rosal ou Pontevedra, “que son referentes dentro e fóra de Galiza”, pero sobre todo centrouse no veciño concello de Barro, “un concello que gaña poboación, consegue investimentos e fai melloras nos servizos públicos, un concello rural de menos de 5000 habitantes, como é o noso hoxe, pero que está en boas mans, cun goberno do BNG cun proxecto claro, que lle imprime impulso e fai de Barro un concello referente no que mirarnos. Vendo o exemplo de Barro, fica claro que Cuntis merece máis e pode ter máis”.

Natalia Camiña rematou a súa intervención diante dun auditorio entregado, afirmando que
“conto con todas e todos vós, porque xuntosp odemos darlle unha volta en positivo a Cuntis.

“Imos presentar unha candidatura moi potente, con veciños e veciñas con ilusión, preparación e gañas de traballar para facer de Cuntis un concello mellor, un concello con futuro”

Relacionadas

A Deputación dá inicio ao mes das Letras Galegas con diferentes actividades para poñer...

0
O Museo de Pontevedra ten en marcha contacontos ilustrados sobre Villalta para o público escolar, que terán lugar os días 2, 3 e 7...

Luis López tende pontes entre a Deputación e a poboación arxentina da provincia nun...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, xunto coa vicepresidenta Luisa Sánchez, recibiron no Pazo provincial á consulesa da República de Arxentina en...

O Porriño redobra a súa aposta pola industria e a actividade empresarial coa distinción...

0
Desde febreiro deste ano é un dos 156 Concellos Emprendedores de Galicia, e un dos 25 que hai na provincia de Pontevedra Concello e Xunta...

O concello de Redondela presenta a nova web e a Tarxeta Cidadá Virtual

0
- A nova tarxeta virtual permite acceder aos servizos municipais e facer trámites a través da web ou dende o propio móbil grazas á...

Tomiño busca incorporar o Bacharelato de Artes ao IES Antón Alonso Ríos

0
O pleno do Concello aprobou a proposta de Alcaldía instar á Xunta a ampliar a oferta educativa e iniciar canto antes as obras de...

O BNG de Meaño convoca á veciñanza a unhaxornada de “O BNG ESCOITA, SEGURIDADE...

0
Será este venres 3 de Maio, ás 21h na Casa se Cultura de Dena. O BNG de Meaño ten o pracer de anunciar a celebración...

Publicacións Relacionadas