HomePontevedraA LamaO concello da Lama conmemorará o 8-M con varios obradoiros co alumnado...

O concello da Lama conmemorará o 8-M con varios obradoiros co alumnado do colexio sobre igualdade e contra os estereotipos de xénero

- Anuncio -spot_img

Gardarase un minuto de silencio no Salón de Plenos do Consistorio en memoria das vítimas da violencia de xénero e o 17 de marzo impartirase a mulleres un curso de manipulador de alimentos en colaboración co Plan Corresponsable de FEMUPO.

O Concello da Lama a través do seu Centro de Información á Muller (CIM) conmemorará o 8 de Marzo cunha serie de actividades e obradoiros co alumnado do CEIP da Lama, que se realiazarán ao longo desta semana e que irán orientados cara a igualdade e a erradicación dos estereotipos de xénero. Tamén o propio mércores 8 de marzo, no Salón de Plenos do Consistorio gardarase un minuto de silencio en homenaxe e lembranza ás vitimas da violencia de xénero.

Ademais, en colaboración coa Federación de Mulleres en Igualdade da provincia de Pontevedra, FEMUPO, celebrarase o vindeiro 17 de marzo un curso de manipulador de alimentos para mulleres, a través do Plan Corresponsable, que se desenvolverá de 17 a 20 horas nas instalacións da antiga Escola Obradoiro da Lama. Na clausura entregaranse os correspondentes diplomas ás participantes que acrediten a súa capacitación.

Por outra banda, os obradoiros que se levarán a cabo no colexio e co alumnado do centro, que coordinará o CIM da Lama, contan cunha subvención da Secretaría de Estado de Igualdade e contra a Violencia de Xénero de 1.949,66 euros que serán destinados á realización de programas que teñan como finalidade o desenvolvemento das medidas do Pacto de Estado en materia de violencia de xénero, en concreto, para a realización de campañas de sensibilización e prevención de calquera forma de violencia contra as mulleres e erradicación dos esteriotipos machistas.

Deste xeito desenvolveranse talleres dirixidos ao alumnado de primeiro a sexto de educación primaria, onde se traballarán fundamentalmente os estereotipos de xénero e que levará a cabo durante a semana do 8 de marzo, para conmemorar o Día Internacional da Muller.

En todos os talleres mantense unha liña de traballo con visión de xénero, profundando na finalidade do desenvolvemento das medidas do Pacto de Estado en materia de violencia de xénero.

Publicacións Relacionadas