HomePontevedraA agrupación socialista de Salceda ratifica a lista encabezada por Verónica Tourón

A agrupación socialista de Salceda ratifica a lista encabezada por Verónica Tourón

- Anuncio -spot_img

Na mañá de sábado a agrupación socialista de Salceda celebrou a asamblea na que se ratificou por unanimidade a lista encabezada pola alcaldesa e secretaria xeral Verónica Tourón.

Coa celebración desta asamblea como fito dentro do calendario orgánico, de cara a preparación para os próximos comicios locais, a candidatura que presentan os e as socialistas salcedenses sae reforzada para optar firmemente a continuar dende a alcaldía co desenvolvemento político do seu programa de goberno en Salceda.
Na candidatura que contou co total apoio da militancia, acompañan a Verónica Tourón persoas que teñen sido concelleiras en diferentes áreas de goberno como Ángela Ledo e Rubén González. O sentir da candidatura aposta decididamente por obter os mellores resultados electorais para continuar transformando Salceda.

Ana Valiño, Secretaria de Organización: “É necesario premiar o bo traballo, harmonía e unidade das persoas procedentes da anterior candidatura e combinalo coa introducción na lista de novas persoas con perfís variados que sumen dentro do proxecto político da agrupación local”.

Verónica Tourón Secretaria Xeral e Alcaldesa: “Síntome orgullosa de encabezar esta candidatura e encaro estas eleccións con forzas, ilusión e o meu firme compromiso de continuar transformando Salceda e mellorar a vida da veciñanza”

Publicacións Relacionadas