• Presentáronse un total de oito empresas e resultou a máis vantaxosa Oresa que oferta tres melloras e 5 anos de garantía
A Mesa de Contratación do Concello de CerdedoCotobade acaba de adxudicarlle á empresa Oresa en 90.800 euros as obras de mellora do firme da estrada A Coutada-Campodanta e en Pé da Múa, na parroquia de Aguasantas, que se atopa nunha situación de deterioro importante.
O Concello recibiu un total de 8 ofertas pertencentes a outras tantas empresas, pero unha vez analizadas resultou como a máis vantaxosa a de Oresa xa que ademais de ofercer 5 anos de garantía sobre os traballos realizados tamén ofertou 8.500 metros de marca vial de 10 cm. de ancho con pintura blanca acrílica y microesferas de vídrio cun importe aproximado duns 3.060 euros.
Oresa ofreceu tamén como mellora a sinalización horizontal e vertical de Stop con marcaxe no pavimento de banda de parada e cebrados en isletas con pintura termoplástica reflexiva branca e sinais verticais octogonais de 60 cm. de apotema. Todo por un importe duns 2.000 euros.
Finalmente, ofreceu tamén 3.40,00 ml. de cuneta triangular revestida de formigón HM-20 de espesor 12 cm. incluso compactación e preparación da superficie de asento, regreado e encofrado por un valor estimado duns 1.084 euros.
Jorge Cubela decidiu incluír estas obras no Plan Concellos con urxencia toda vez que non prosperou a solicitude de subvención de infraestruturas cursada polo Concello de Cerdedo-Cotobade ante o Estado Español.
Coa adxudicación inmediata desta obra, o alcalde pretende dar resposta de xeito urxente ao compromiso adquirido coa veciñanza de mellorar o firme, que se atopa moi deteriorado, deste vial que contribúe a vertebrar a comunicación interior desta parroquia co resto do municipio.
As obras que se van acometer están orientadas cara á mellora da pavimentación de varios tramos de viais municipais, entre os lugares da Coutada, Campodanta e Pé da Moa, na parroquia de Aguasantas, dentro do concello de Cerdedo-Cotobade. Os camiños atópanse pavimentados con aglomerado, pero existen tramos concretos que están nun avanzado estado de deterioro, polo que precisan unha renovación completa da capa de rodadura.
Comezarase executando unha limpeza de marxes con apertura de cunetas ao longo dos 1.097,00 metros de actuación. Seguidamente estenderase e compactará unha capa de 5 cm de espesor de mestura bituminosa en quente tipo AC 16Surf 50/70D, en todos os tramos propostos, realizando a adecuación dos entroncamentos entre o pavimento novo e antigo, mediante o fresado da conexión nos extremos de cada tramo. A superficie total a pavimentar será de 4.902,45 m2.
ACTUACIÓN NA ZONA DE PÉ DA MÚA
Tamén aquí preténdese levar a cabo a limpeza de marxes con apertura de cunetas na lonxitude de actuación, suma dos 7 tramos a executar. A lonxitude total ascende a 717,00 m. A continuación, estenderase e compactará unha capa de 5 cm de espesor de mestura bituminosa en quente tipo AC 16Surf 50/70D, nos 7 tramos propostos, realizando, igualmente, a adecuación dos entroncamentos entre o pavimento novo e antigo. Neste caso, a superficie total a pavimentar será de 3.441,60 m2.



