Home A Coruña O goberno local atribúe a polémica das escaleiras da rúa Sol á...

O goberno local atribúe a polémica das escaleiras da rúa Sol á omisión dun procedemento na tramitación administrativa

- Anuncio -

• En maio de 2019, o proxecto sufriu un modificado por requirimento de Patrimonio da Xunta de Galicia, sendo este procedemento obviado pola dirección de obra.

• As obras forman parte dun proxecto enmarcado no Plan Único da Deputación da Coruña.

Con respecto á polémica das lousas instaladas nas escaleiras da rúa Sol, o goberno local do Concello de Laxe informa que se tratou dunha omisión dun procedemento na tramitación admistrativa.

As actuacións realizadas teñen de base un proxecto do ano 2018 enmarcado no Plan Único da Deputación da Coruña, no que se contemplaba o acondicionamento da rúa Sol e arredores.

Nun primeiro momento, reflectíase que o material que se empregaría sobre o pavimento sería pedra ‘artificial’, é dicir, lousa de fábrica. Sen embargo, en maio do 2019 o proxecto sufriu un modificado por requirimento de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia, no que se establecía que se debía utilizar pedra natural. Este requirimento foi obviado polo director de obra, polo que as actuacións que se levaron a cabo non se corresponden coa actualización do proxecto, de aí estas diverxencias.

Así, despois da notificación por parte de Patrimonio, e que solicitaban a retirada deste material, técnicos da entidade da Xunta de Galicia mantiveron na mañá deste martes, 7 de marzo, un encontro co alcalde de Laxe, José Luis Pérez Añón, e co propio director de obra para esclarecer os feitos e saber que medidas adoptar de cara a atopar a mellor solución.

Desde o Concello agardamos que “esta situación se solucione canto antes” insistindo en que “como entidade debemos e queremos protexer o noso patrimonio, tanto urbano como cultural, xa que forma parte da nosa identidade como pobo”.

Relacionadas

Último aviso para apuntarse no xantar da comisión de festas de Santa Isabel

0
A comida a prol dos festexos terá lugar o sábado no patio cuberto do CPI de San Sadurniño A comisión de festas de Santa Isabel...

VIII Xornadas Saludables no Concello de Ribeira

0
O tenente de alcalde Vicente Mariño presentou hoxe as VIII Xornadas Saludables organizadas pola concellería de Servizos Sociais que se desenvolverán no Centro Cultural...

Aprobadas polo pleno as modificacións das ordenanzas reguladdoras do Programa de Conciliación Harmoniza

0
Mantéñense as bonificacións de ata o 50 % nas tarifas xerais de acordo a circunstancias socio-familiares e económicas. Na sesión extraordinaria do Pleno celebrada hoxe...

Máis de cenlaracheses participaron na excursión ao Barco de Valdeorras que organizou o concello

0
Visitaron durante a xornada de onte os xardíns de Viloira, o malecón do río Sil, o Santuario das Ermidas e unha bodega de elaboración...

Feiraco celebra o Día das Letras Galegas cunha nova edición do Certame de Microrrelatos

0
O director xeral de CLUN e o secretario xeral da Lingua da Xunta presentaron esta edición na librería compostelá Follas Novas A presentación correu a...

Volven as Festas da Ascensión do 8 ao 12 de maio cun completo programa...

0
As festas de toda a veciñanza de Compostela arrancarán o vindeiro mércores 8 de maio e estenderase ata o domingo 12, cun programa repleto...

Publicacións Relacionadas